Barreiros, 7 de xuño de 2016.- Un centenar de veciños e veciñas de Barreiros visitaron este martes Cedeira e tamén o santuario de San Andrés de Teixido. “Alí asistimos a unha misa cantada e oficiada polos párrocos Don Pepe e Don José. Estamos a gozar dun marabilloso día no que o bo tempo nos está a acompañar”, explicou o alcalde, Alfonso Fuente, que se atopa coa expedición. O Concello organizou un ano máis esta viaxe, que se ven realizando por esta época desde o ano 1992.
