Burela, 18 de xullo de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Mar, Patricia Otero, mantiveron este luns en Santiago un encontro co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e coa conselleira de Mar, Rosa Quintana. Na xuntanza falaron de cuestións como a feira Expomar do vindeiro ano, a nova Edar ou a antiga nave de redes. O rexedor saíu satisfeito desta reunión.
Alfredo Llano dixo que “foron varios os asuntos que analizamos nesta reunión. En Burela queremos formar redeiras a través de cursos homologados con titulación suficiente para que despois poidan aportalos para diferentes traballos. A nosa concelleira de Mar, Patricia Otero, ten moito interese en facer estes cursos aquí, en Burela, e fomos solicitar axuda para poder facelos antes posible, porque hai demanda para eles”.
Otero explicou que “as nosas redeiras trasladáronnos, que teñen a posibilidade e capacidade para facer novas contratacións, pero que se atopan co problema de que as aspirantes non posúen o necesario certificado de profesionalidade de redeira para poder desempeñar dito traballo. Entre as nosas redeiras contamos con profesionais que poderían impartir este certificado de profesionalidade, pero carecemos de aulas homologadas para impartir dita formación. Por elo, trasladamos esta necesidade á conselleira de Mar, co obxectivo de conseguir poder homologar un aula, en Burela, que cumpra os requisitos necesarios para impartir dita formación. Elo evitaría que as redeiras de Burela, así como as da comarca, tiveran que desprazarse, ao Centro de formación sito en Marín, xestinonado polo Centro Teconolóxico do Mar-Fundación CETMAR, que ten convenios asinados coa propia Consellería de Mar. Temos que ter en conta que este curso para obter o certificado de profesionalidade é longo, de 330 horas, cos correspondentes gastos de desprazamentos que se lle carrexarían ás propias redeiras”.
O concelleira burelesa dixo que “a propia Conselleira comentounos que era un tema que estaban a tratar a través da Federación Galega de Redeiras. Dende o Concello apostamos firmemente neste proxecto e quedamos en seguir en contacto coa Consellería para que nos remitan os requisitos necesarios de cara a poder homologar un aula e atopar unha no noso pobo que cumpra ditos requisitos. Cremos que é un tema moi importante, xa que as propias redeiras nos comentaron a posibilidade de contratación de 3 novas redeiras, e, dende logo todo o que sexa crear emprego no noso pobo sempre vai contar co apoio deste equipo de goberno”.
Grúa
O alcalde burelés dixo que “outra cuestión da que fomos falar é a dotación portuaria, porque había xa un compromiso da Consellería do Mar de montar unha grúa e basicamente queríamos confirmar se seguen tendo a intención de instalar esa grúa no porto, que é moi necesaria e demandada pola xente que traballa na zona portuaria. Si se confirmou que esa grúa vaise instalar, pero estase analizando como adquirila a través dos mecanismos que teñen as institucións, a través das fórmulas que hai, para que unha vez que sexa comprada se poida montar no sitio máis oportuno para este tipo de ferramenta. Polo tanto é algo que podemos confirmar, porque xa estaba no orzamento e só falta formalizar a adquisición da grúa. Espero que o antes posible estea montada”.
A antiga nave de redes foi obxecto de análise no encontro deste mediodía: “xa está moi deteriorada co paso do tempo e hai unha serie de materiais que están en decadencia absoluta, como se ve perfectamente. No teito estanse vindo abaixo algúns materiais, que son perigosos e poden ocasionar nalgún momento problemas de saúde á xente. Chegamos á conclusión de que ou ben se arranxa todo o que está moi deteriorado, como o teito e as paredes, ou se leva a cabo a demolición desta nave para aproveitar o solar para outra cousa. Agora mesmo non está en condicións para facer ningún tipo de actividade dentro dela. Xa sabe todo o mundo cal é situación e hai que actuar o antes posible”.
Expomar
Sobre a Feira Expomar do vindeiro ano Llano contou que “falamos de Expomar, porque para o ano que ven corresponde facer outra edición da feira náutico pesqueira e fomos confirmar que vai haber unha relación total entre a Xunta de Galicia e a Fundación Expomar para levar a cabo a feira que se vai celebrar en maio do ano próximo. Estivemos analizando cal será a colaboración tanto no aspecto de promoción como no económico. Non hai ningún problema xa que van colaborar con nós perfectamente nese aspecto. Iremos definindo e aclarando como vai ser a medida que se vaia achegando a data iremos concretando a axuda da Xunta para a feira Expomar, asunto polo que estamos agradecidos evidentemente”.
No encontro celebrado este mediodía en Compostela tamén se falou da nova Edar: “estase a redactar o proxecto, estivemos a falar da evolución do mesmo, en qué punto se atopa e por parte de Portos e de Mar hai unha intencionalidade clara para que este proxecto saia para adiante. Hai que dicir que esta nova Edar sería un motivo de moita ledicia para os veciños e as veciñas de Burela, xa que ven a solucionar un problema moi gordo. Unha vez que sexa unha realidade teremos Edar para moitos anos. Trátase dunha Edar dotada das máis novas tecnoloxías, biolóxica, producirá menos contaminación e menos cheiros e estará máis retirada do pobo, polo tanto penso que é unha solución para moito tempo para Burela. En canto se rematen os proxectos, que se atopan en estados moi avanzados por parte de Augas de Galicia pasaremos copias a Portos de Galicia e á Consellería de Mar para que sexan coñecedores das fases nas que nos atopamos e para solicitar aquilo que nos poda facer falla e así rematar o antes posible esta obra que é tan singular e importante para Burela”.
Martelo
Llano contou que “tamén falamos do martelo do porto, que é unha dotación máis que se vai colocar no porto de Burela para garantir a seguridade das naves atracadas no porto. Considérase que este ano se vai licitar xa, que van comezar os traballos… si que vai para adiante, e está garantido que ese martelo se fará no noso porto. Tamén estivemos a comentar en qué punto se atopa a explotación por parte dalgúns veciños de Burela da zona portuaria que está mesmo detrás da Capitanía Marítima”.
O rexedor burelés insistiu en que “é unha zona que nós queremos converter en lugar de recreo, en espazo que se aproveite para facer unha praza pública e xardíns, para facer algo atractivo para o público en xeral, e máis dotar aquilo todo a través das naves portuarias desocupadas de diversos negocios relacionados co mundo do mar. Estaría ben que se venderan produtos que se pescan en Burela, cunha ambientación ou recreación típica das tascas dos pobos mariñeiros (dúas ou tres poderían ser), despois outro posto podería ser de conservas artesanais. Eu considero que nesta zona hai xente que está a traballar neste sector e podería estar moi ben montar alí unha tenda de venda e exposición, que é moi importante para a promoción da nosa pesca e da boa acollida que teñen as conservas artesanais en Burela. E despois outra nave poderíase ocupar cunha exposición de materiais do mar, como unha especie de museo daquilo que se emprega nas diferentes artes”.
Rosa Quintana, José Juan Durán, Patricia Otero e Alfredo Llano tamén falaron do porto de San Cibrao: “nós xa solicitamos hai tempo que se incorpore a Portos de Galicia ou que se asine un convenio para tratar que dalgunha forma repercutiran os beneficios que xera ese porto no resto dos portos da comarca da Mariña, porque é algo moi próximo e que nos afecta directamente. Estase mirando a ver cómo se pode facer”.
Para Alfredo Llano a deste mediodía foi “unha xuntanza moi positiva, moi agradable e quedamos en vernos máis adiante e intentar as tres institucións Portos de Galicia, Consellería do Mar e Concello colaborar en todo o que sirve para mellorar substancialmente a actividade portuaria e do mar no noso concello”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



