Burela, 11 de xullo de 2016. O auditorio municipal de Burela acollerá este venres, 15 de xullo, o espectáculo titulado Monólogos y Locuras de Nacho García e JJ Vaquero.
Desde a Concellería de Cultura informan de que “despois de ter gozado do humor de Luis Piedrahita, o 15 de xullo chega a Burela o dúo de titáns JJ Vaquero e Nacho García co espectáculo Monólogos y Locuras”.
José Juan Vaquero é coñecido pola súa sección dentro do programa televisivo El Hormiguero, Las Verdades de Vaquero. Nacho García foi reporteiro na última tempada do programa televisivo Caiga quien Caiga. Ámbolos dous son habituais da canle Paramount Comedy.
As entradas seguen á venda na Biblioteca Pública Municipal e na Casa da Xuventude.
O espectáculo Monólogos y Locuras dará comezo ás 22.00 horas.