Mondoñedo 1 de xullo de 2016.- A XXV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará este ano do 12 ao 14 de agosto, contará con máis dun centenar de postos que encherán as rúas do Casco Histórico da localidade mindoniense. A rexedora, a popular Elena Candia, amosouse moi satisfeita con esta ampla participación e agradeceu “a confianza que os artesáns e artesás depositan ano tras ano na nosa cidade par vir vender os seus produtos”.
Candia puntualizou que se presentaron un total de 139 solicitudes para instalar postos, das cales se admitiron 112 por cumprir coa normativa imposta pola comisión organizadora do Mercado. Quedaron excluídas 24 por non cumprir os requisitos, e 3 están de reserva.
En concreto, encherán de vida as rúas do casco histórico da cidade un centenar de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
Cea homenaxe e presentación do programa
O Concello celebrará mañá pola noite unha cea homenaxe na que se presentará oficialmente o programa da XXV edición do Mercado Medieval. A alcaldesa, Elena Candia, apuntou que este acto pretende “ser unha homenaxe a todos os voluntarios e voluntarias do mercado e a todas as persoas que fixeron posible que esta festividade se puxera en marcha fai xa 25 anos e que logran que ano tras ano sexa un éxito”.
O ágape, que se celebrará no Seminario, contará coa actuación do actor Bruxo Queimán que explicará a todos os asistentes a historia da localidade mindoniense dende o Medievo recalcando a importancia desta vila. “Resaltando o valor histórico de Mondoñedo na Idade Media, tendo en conta que xa o nome da localidade significa en Latín ‘Medieval’. Tamén relatará como no ano 1156 Alfonso VII de León lle concedeu a categoría de cidade”, puntualizou Candia. O evento estará amenizado pola impresionante voz de Andrea Pousa.
























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



