Burela, 1 de xullo de 2016. Nas praias de Burela ondean xa as bandeiras azuis concedidas por Adeac. O primeiro izado tivo lugar este venres no areal de O Portelo, e despois seguiron os de Ril e A Marosa. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo, Protección Civil e Mar, Ramiro Fernández, Ramón Vázquez e Patricia Otero, respectivamente. Tamén acudiron membros da Policía Local e de Protección Civil.
Recibiron distincións de Adeac neste 2016 o barco museo Reina del Carmen, a aula medio ambiental Gaia e o sendeiro azul do paseo marítimo ata A Marosa. Llano contou que “o izado da bandeira no barco museo será dentro duns días”.
O rexedor subliñou que “hoxe da comezo a campaña de verán nos areais de Burela, que se atopan en condicións óptimas para seren disfrutados por veciños e visitantes. Sete socorristas comezaron xa a traballar nesta xornada, e un máis incorporarase dentro duns días. A vixilancia nos nosos areais está perfectamente cuberta e as praias estarán atendidas acorde coa distinción da que foron merecedoras”.
Alfredo Llano agarda que a de 2016 “sexa unha campaña tranquila”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



