Lourenzá, 1 de xullo de 2016. O centro de saúde de Lourenzá sufriu numerosos danos nas súas instalacións, no mobiliario e nos equipamentos esta pasada noite. Como presunto autor destes feitos foi detido un veciño.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que “esta pasada noite, cerca das doce, chamáronme por teléfono alertando de que sentían ruídos no centro médico e que aparentemente había xente dentro. Ao momento avisei á Garda Civil, presentáronse dúas patrullas e tamén se xuntaron varios veciños. Os garda civís e máis eu accedemos ao interior do edificio do centro de saúde, onde non atopamos a ninguén, pero comprobamos que había moitos danos: ventás e portas rotas, das que quedaran intactas na vez anterior, e ademais estragos en ordenadores, vitrinas, mobiliario, neveiras, moitos medicamentos e documentos estaban tirados polo chan, … Non consta que levaran nada. Trátase dun acto vandálico, igual que os das ocasións anteriores, neste edificio que é de propiedade municipal”.
A rexedora continuou relatando que “despois atopouse un vehículo que parecía sospeitoso, pois estaba aparcado nunha estrada paralela ao centro médico, ao outro lado do río. E ademais algunhas das persoas que se xuntaron nas inmediacións do centro de saúde comentaron que viran como alguén saltara o valado desde o interior do recinto de saúde cara ao río, pero non puideron identificalo. Entón empezamos a buscar pola zona para intentar atopar a alguén ou algunha pista e sobre as 2 da madrugada na estrada que bordea as instalacións da feira unha patrulla da Garda Civil e algúns veciños viron a un home que escapaba correndo e ía mollado ata os xeonllos. Dáse a circunstancia de que ese individuo é o propietario do vehículo que estaba aparcado cerca do centro de saúde. Esa persoa foi detida pola Garda Civil, que a levou para o cuartel de Mondoñedo, a onde eu fun hoxe pola mañá a presentar a denuncia”.
Rocío López comentou tamén que “os danos están sen cuantificar de momento, pero é evidente que son moi superiores aos da vez anterior, pois o interior do centro de saúde quedou practicamente arrasado, sobre todo os despachos das enfermeiras e dos médicos. Isto afectou ao seu funcionamento nas primeiras horas da mañá pero xa puideron empezar a atender aos pacientes en torno ás dez”.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



