Cervo, 6 de xullo de 2016. A oficina de turismo do Concello de Cervo abriu no antigo Quiosco de Juana, en San Cibrao, este pasado luns e estará en servizo ata que remate o mes de agosto.
Anunciouno a concelleira de Turismo, Manuela Méndez, quen explicou que “por terceiro ano consecutivo o Concello de Cervo abriu a súa oficina de turismo este pasado luns e permanecerá en servizo todos os días en horario de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, sábados incluídos. Os domingos abrirá de 11 a 14 horas”.
Manuela Méndez engadiu que “o Concello de Cervo mostra a súa satisfacción polas visitas que se acadaron o ano pasado e espera superalas neste verán. Aparte de funcionar como oficina de turismo, onde se dá toda a información sobre o concello e a comarca, tamén é un lugar onde se resolven dúbidas e cuestións cotiás a veciños e visitantes, algo que nos satisfai enormemente”.