Burela, 29 de xullo de 2016. A Deputación de Lugo acolleu a presentación da XXXII Feira do Bonito, que se celebrará en Burela o 6 de agosto. Alí estiveron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, a presidenta de Ledicia, Rocío Rivera, así como representantes da Confraría de Pescadores, de Absa ou da Fundación Expomar, entre outros. O acto contou coa participación do presidente da Deputación, Darío Campos.
O rexedor dixo que “con esta presentación en Lugo o que pretendemos é darlle un carácter máis amplo á Feira do Bonito desde o punto de vista institucional e provincial. Trátase dun acto complementario ao que tivemos en Burela”.
Alfredo Llano convidou “aos lugueses e luguesas a achegarse á nosa vila o vindeiro 6 de agosto a saborear o bonito que capturan os barcos do noso porto dun xeito totalmente artesanal e a gozar das moitas actividades que temos preparadas para esa fin de semana”.
Na Deputación tamén se presentou a XIV edición de Produart, que se celebrará de xeito paralelo á Feira do Bonito, “durante toda a fin de semana, do venres ao domingo”.
A mediodía tivo lugar unha degustación de pratos preparados con bonito de Burela no restaurante España da capital.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



