Burela 29-7-16. A andaina discorreu polo paseo marítimo seguindo a ruta do Sendeiro Azul.
Segundo explican as monitoras de Gaia “coa mirada pódese percorrer o litoral gozando e observando a paisaxe e os cantís. Esta actividade propón aos participantes unha ruta gozando dunha paisaxe e de zonas verdes co obxectivo de poñer en valor o patrimonio ambiental. O obxectivo fundamental é sensibilizar aos cidadáns e neste caso ao público infantil sobre os valores e a importancia de conservar e poñer en valor esta fermosa zona litoral”.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Ben, recalca que “a riqueza das paisaxes constitúe un valioso patrimonio, importante á súa vez para a identidade cultural do noso municipio e para gozar dunha maior calidade de vida dos cidadáns e visitantes e desenrolando actitudes de respeto,cuidado e responsabilidade de cara á súa conservación”.




















Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



