A Mariña, 14 de xullo de 2016. O BNG mariñao reacciona ante a suspensión do transporte de mercadorías de FEVE polo traslado a Asturias de maquinistas que da empresa estatal que traballaban na empresa ferroviaria estatal FEVE. A portavoz comarcal Ana Ermida, esixe a inmediata reposición deste transporte que afecta de maneira directa ao traslado de Xove a Amorebieta de planchas de alumonio procedentes da planta de Alcoa en San Cibrao que deberán buscar alternativas por estrada colapsando a xa saturada e terceiromundista N634.
De non repoñerse o transporte de mercadorías nos próximos días, terá trasladado ao Parlamento Galego.
Para o BNG a ministra de Fomento Ana Pastor asesta unha nova puñalada ás xa miserentas infraestruturas de comunicación na comarca da Mariña que reducen e impiden a capacidade económica da comarca. A portavoz comarcal anuncia que de non solucionarse o problema nos próximos días trasladarán ao Parlamento Galego unha batería de iniciativas a fin de que o goberno galego exerza presión para resolvelo con urxencia.
Esixencia da inmediata reposición do servizo
Ana Ermida esixiu a inmediata posta en funcionamento da liña de transporte entre Xove e Amorebieta que traslada 350 tns de aluminio á semana, de non solucionarse este problema a alternativa por estrada usando a N634 xa saturada en nun estado de conservación lamentábel.
A nacionalista afirmou que causa estupor ver como se toman decisións dun día para outro sen previo aviso, poñendo en perigo non só o funcionamento normal dun transporte de mercadorías vital para a industria do aluminio na Mariña, senón que ademais prexudica ao conxunto da comarca ao volcar sobre a deteriorada, e xa colapsada N634, todo este transporte en plena época de verán cando se multiplica o tránsito de vehículos nesta vía. Amais, Ana Ermida alertou sobre este tipo de decisión tomadas desde o goberno español que mesmo poñen en dúbida a permanencia do servizo de FEVE na comarca de por si xa mínimo e alleo ás necesidades de transporte na comarca.
Neste sentido, a formación nacionalista aproveitou para volver reclamar melloras na N634, así como acelerar a construción da autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao pola que levamos agardando case vinte anos, ademais de reclamar un servizo ferroviario de proximidade que serva ás necesidades da poboación mariñá.