Cervo, 6 de xullo de 2016. Os alumnos do curso 2015-2016 do taller de memoria organizado polo Concello de Cervo recibiron os seus diplomas nun acto celebrado na Casa do Mar de San Cibrao, acto que asistiron o alcalde, Alfonso Villares; a concelleira de Igualdade, Pilar Armada, e a profesora que impartiu esta actividade, Elísabeth Peña.
O taller de memoria, denominado Lembranzas, comezou en novembro de 2015 e rematou a finais de xuño deste ano. Impartiuse en Cervo, San Cibrao, Castelo e Rúa e contou coa participación de 42 persoas en total.
O novo curso empezará a principios de outubro e unha das primeiras actividades será unha excursión ao Cebreiro. Anunciouno a concelleira de Igualdade, quen destacou “a alta participación e a implicación dos alumnos, que vai en aumento ano tras ano. Este tipo de actividades son necesarias, porque aparte de repasar conceptos básicos de lingua, xeografía, coñecemento do medio, sociais e matemáticas, o que implica un desenvolvemento das súas actividades cognitivas, os alumnos comparten as súas experiencias e vivencias”.