Santiago, 7 xullo 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusou este xoves ao Partido Popular de “vender fume” nos últimos anos e meses para gañar as eleccións no Estado español e agora a realidade é que seremos “todas e todos, o pobo, quen pagaremos as esixencias da Unión Europea por déficit como non poñamos freo á súa chantaxe”. Senra reacciona así ante a decisión do Colexio de Comisarios, que hoxe adoptou o ditame negativo sobre as medidas tomadas polo Goberno do Estado español para cumprir os obxectivos de déficit pactados coa UE, o que activa o proceso que pode derivar nunha multa ao Estado español con ata 2.000 millóns de euros e a conxelación de parte dos fondos comunitarios que lle corresponden.
A Comisión Europea sostén que España se desviou no obxectivo de déficit en 2014 nunha décima (5,9% fronte ao 5,8% pactado) e en 2015 –ano electoral- nun punto (5,1% fronte ao 4,2% pactado) e incide en que “as medidas de saneamento do sistema de pensións e as administracións públicas” adoptadas no Estado español, “non teñen sido suficientes para compensar as medidas expansivas”.
“O PP vendeu fume para poder gañar as eleccións, ata actuou irresponsablemente no cumprimento do nivel de déficit que pode supoñer unha multa, e aínda que non haxa multa, as esixencias da UE imos ter que pagalas todos e todas nós. Levou o déficit público ao 100% do PIB. E se finalmente a dereita segue a gobernar no Estado español, lexislará por decreto, sen necesidade de acordo parlamentario, para aumentar os impostos indirectos, que son os que afectan ás clases populares, e continuar co austericidio e a política de recortes de servizos públicos de cara a cumprir o que esixe Bruxelas”, denunciou onte a eurodeputada galega.
Lídia Senra reclámalle ao Ministro de Economía en funcións, Luis de Guindos, quen se amosaba esta semana convencido de que a UE non vai multar ao Estado español, que antes de que os parlamentarios e parlamentarias voten a investidura do novo Goberno, nos diga a todas e todos que vai facer o PP para cumprir co esixido por Bruxelas, porque se non soben os impostos e cotizacións sociais, terán que reducir os gastos públicos. “E isto xa sabemos como vai: Recortes en sanidade, educación, salarios, funcionarios e funcionarias e quen sabe se finalmente, nas pensións tamén, para acadar os obxectivos neoliberais de privatizar as pensións mediante a contratación privada de plans de pensións”, engadiu a eurodeputada, quen tamén lle demandou claridade ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que “deixe de dicir que isto non vai con Galiza e de enganar á cidadanía nas vésperas das eleccións galegas previstas para este outono”.
Contextualización
Lídia Senra asegura que o PP vendeu fume polo seguinte: O Estado español aplicou unha rebaixa fiscal no IRPF para todos os tramos e tamén reduciu o Imposto sobre Sociedades do 30% ao 28% en 2015 e do 25% en 2016. No Imposto sobre Sociedades, a meirande parte das empresas (PEMES) xa estaban pagando o 25% (e seguirano pagando logo da rebaixa) e estes tipos máximos só lles afectaban ás grandes empresas. É dicir, que na práctica, no imposto sobre sociedades elimínase a progresividade. As rebaixas fiscais viñeron sobre impostos directos, aqueles que se aplican en función do volume de riqueza (rendementos do traballo ou beneficios empresariais), mentres que non se tocou o IVE que foi subido no seu momento e que afecta por igual a todas as persoas, independentemente do volume de ingresos que estas teñan.
Luis de Guindos di que coas novas previsións do Estado español para 2016 e 2017, a Unión Europea finalmente non aplicará a multa. Pero a Comisión Europea afirma que o Estado Español non cumprirá cos obxectivos de déficit, polo que nos programas de estabilidade para 2017 e 2018 deberá aplicar novos recortes no gasto público ou aumento de impostos, previsiblemente nos indirectos, quedando lonxe da promesa electoral e irreal de non subir os impostos.
Para poder chegar aos obxectivos de déficit, non se podían baixar os impostos no 2015, pero baixáronse por ser ano electoral, e baixáronse nos impostos directos, mantendo os indirectos. Por riba, seguirán tendo que recorrer ao fondo das pensións porque as cotizacións correntes das traballadoras e traballadores non chegan para facer fronte ao pago das pensións. O cal non é de estrañar co índice de desemprego actual.
A opinión da Comisión Europea deberá agora ser validada o 12 de xullo no Consello Europeo de Ministros de Economía e Finanzas.
Lídia Senra esíxelle a De Guindos que actúe xa con total transparencia e diga publicamente a toda a cidadanía en que se van traducir exactamente os escenarios orzamentarios que planea o PP e en que van basear as alegacións á CE. “Que nos diga cales son os esforzos fiscais aos que se vai comprometer e como vai afectar aos impostos. Cantos e a quen? Ten que dicirnos se lle vai tocar ás pensións e se van seguir desmantelando a sanidade e o ensino públicos”, reclamou a eurodeputada, que quixo deixar clara a posición de AGE contraria á “chantaxe da Unión Europea e da banca” e avogou por facer unha auditoría da débeda pública, negarse a pagar a débeda ilexítima e poñer fin ao austericidio (como se cualifica á política brutal de recortes en servizos públicos básicos).A membro de AGEe participou este xoves pola mañá tamén, na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo, nunha protesta organizada polo GUE/NGL contra a citada chantaxe.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



