Lugo, 7 de xullo de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular agradece que “por fin” se tivera en conta a súa vella demanda para que a Deputación de Lugo asuma os custos íntegros do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O populares fan esta reflexión ante o recente anuncio do actual presidente provincial, Darío Campos, de que o organismo provincial se vai a facer cargo deste gasto.
A voceira popular, Elena Candia, recorda que esta era unha vella reivindicación do seu grupo e lembra “que levamos ao pleno infinidade de iniciativas neste senso para conseguir liberar aos municipios da provincia do gasto que supoñía asumir este servizo”.
Candia lembrou que, estando o seu grupo ao fronte da Deputación, unha das principais medidas que se levaron a cabo foi “propoñer un un Servizo de Axuda no Fogar equilibrado para todos os concellos”.
A popular indicou que, para isto, “propuxemos un incremento dun 70% os fondos provinciais para o SAF, aumentando a partida prevista para o ano 2015 dende os 700.000 euros contemplados polo bipartito ata os 1,2 millóns de euros”.
Candia reiterou o compromiso do PP co benestar e, neste senso, lembrou que estando á fronte da Deputación “traballamos para atender ás reclamacións dos municipios que solicitaban o cumprimento do decreto de servizos sociais, despois de que o anterior goberno provincial se negase a atender maioritariamente o servizo de axuda no fogar”.
Fin a unha situación de desigualdade xerada con Besteiro
A voceira popular, Elena Candia, celebrou que “dunha vez por todas, se puxese fin a unha situación de inxusta desigualdade xerada polo anterior presidente socialista da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro”.
Por este motivo, os populares congratúlanse de que “grazas á constancia e perseverancia do seu grupo se fixese realidade esta histórica reivindicación popular”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



