Burela, 21 de xullo de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, agarda que no prazo dunhas dúas semanas o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, se desprace a Burela para asinar un convenio de colaboración entre ambas administracións que permita realizar obras de asfaltado en varias rúas, melloras en beirarrúas, en parques infantís e no barco museo Reina del Carmen ou a construción das casetas no campo de fútbol de A Marosa, entre outras. O rexedor rexistrou no Pazo de San Marcos a súa proposta, que suporía un investimento total de 400.000 euros, dos que a Deputación aportaría unha parte importante e outra sería a través de fondos propios do Concello.
Llano contou que “onte, mércores, estiven na Deputación de Lugo. E penso que o máis importante foi a presentación a través de rexistro para asinar un convenio coa Deputación para facer diferentes actuacións e obras. Entre elas van ser unha serie de asfaltados en diferentes rúas de Burela, vai haber unha reposición e arranxo de plaquetas en varias beirarrúas, dotación e reparación de xogos infantís nos parques, arranxo e mantemento do barco museo, axudas para publicacións e a para realización de viaxes recreativos e culturais, convivencia de maiores, casetas no campo de fútbol de A Marosa e sinalización viaria, horizontal e vertical, aquí no noso concello”.
O alcalde burelés agarda que “ou ben para a próxima semana o para a seguinte como máis tardar, veña o presidente da Deputación aquí por Burela e asinemos este convenio. É un convenio moi importante para o noso concello cunha serie de actuacións que van facer fincapé naquelo que sexa máis necesario en asfaltados, reparacións ou servizos. Eu creo que a Deputación vai colaborar, nosoutros tamén estamos pendentes de facer todo aquilo que a Deputación nos beneficie, para nosoutros tamén poder beneficiar ao conxunto dos veciños e veciñas de Burela e por tanto este convenio é realmente importante e interesante para o noso concello”.
Persoal
Alfredo Llano rexeitou as críticas efectuadas nas últimas horas polo grupo municipal do PP en materia de persoal. O alcalde asegura que todos os servizos municipais están cubertos, recoñece que hai varios traballadores de baixa e que outros se xubilan, pero que os procesos para cubrir esas vacantes están en marcha. Llano agarda ter lista a nova relación de postos de traballo nos primeiros meses do vindeiro ano 2017.
O rexedor contou que “xa se pediu colaboración tamén á Deputación para que nos manden técnicos e persoal desde alí mentres non se ocupen dunha forma efectiva os postos de traballo que son necesarios. Máis ou menos estamos complementando perfectamente o traballo de tal xeito que non se interrompa ningún servizo do concello, aquí o que se está a facer é procurar que isto funcione da mellor maneira posible e ocupándose os postos de traballo o antes posible tamén e coa xente mellor preparada”.
Llano manifestou que “todo o proceso require un tempo, pero basicamente hoxe hai unha rebaixa de persoal, hai tres ou catro traballadores de baixa, e hai xente que se xubilou, agora estase no proceso de convocar esas prazas por xubilación. Antes no anterior goberno do PP había prazas por xubilación que se ían retirando e non se volveron cubrir, iso tamén é algo que procede da etapa anterior. Pero nosoutros o que queremos é rematar definitivamente con este problema no noso concello e para ilo se está elaborando a relación de postos de traballo, unha vez que estea elaborada iranse cubrindo as prazas dunha maneira obxectiva e pensando sempre no mellor servizo para os veciños. Agora mesmo está ocorrendo o que ocorre en moitas administracións, por tanto non é nada que sexa preocupante porque temos todo contemplado. Estamos traballando para que non se deixe de servir aos veciños a través das diferentes seccións que hai aquí no concello, polo tanto non é unha situación preocupante”.






















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



