Mondoñedo 21 de xullo de 2016.- O Concello de Mondoñedo vén de dar a coñecer o listado de vivendas que se van ver beneficiadas polo convenio asinado entre o Goberno local co Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda sobre a Área de Rehabilitación Integral (ARI) que permitirá actuacións subvencionadas en 24 vivendas, dúas máis que ao inicio. Estas actuacións van ser subvencionadas con 100.750 euros.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, salienta o movemento económico que suporán estás actuacións. Así, o investimento total, contando as achegas dos particulares, permitirán un movemento na cidade de 319.349,14 euros ata finais do ano en curso.
O equipo de Goberno amosa a súa satisfacción e agradecemento aos servizos técnicos polo traballo levado a cabo. A rexedora destaca a aposta pola rehabilitación na cidade e avanza que a estas actuacións “se sumarán a outros proxectos de rehabilitación de vivendas, que aínda sen acollerse ás axudas do ARI, teñen proxectos presentados”. Entre todos, engade, Mondoñedo experimentará un importante despegue económico.
Os interesados e interesadas poden obter máis información na Oficina Municipal de Rehabilitación de Mondoñedo.
Enderezo: Praza do Concello, nº 1. 27740 Mondoñedo (Lugo)
Teléfono. 982521402- Fax: 982507421
Correo electrónico: rehabilitacionmondonedo@gmail.com
Listado de vivendas beneficiadas:
PACHECO, 9
RÚA DO PUMAR,15
RÚA FEBRERO, 30
PRAZA DA CATEDRAL, 11
RÚA PROGRESO, 28
GUEVARA, 18-2º
LEIRAS PULPEIRO, 1-1º
PRAZA DO CONCELLO, 8
GUEVARA,17
SAN ROQUE, 11
ALFONSO VII,7
A FONTE, 22
SAN LAZARO, 149
BISPO SARMIENTO, 8
RUA CONCEPCIÓN, 2
A FONTE 24
OS CASTROS 14
PROGRESO,26
A FONTE, 4
AVDA. SAN LUCAS, 4





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



