O Concello de Barreiros organizou coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería do Mar) na xornada deste mércores a actividade O sabor da aventura está no mar. Segundo explica a educadora familiar, Vanesa Fernández, “os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos desprazáronse ata a nave das redeiras, sita en Burela, e alí aprenderon o seu oficio e as diferentes artes de pesca. Porteriormente degustaron un cátering de produtos do mar coñecendo os alimentos extraídos do mar desde o punto de vista culinario. Para rematar a xornada fixeron unha visita á zona de marisqueo da ría de Foz, onde adquiriron nocións sobre a extracción de moluscos bivalvos e a diferenciación das distintas especies de marisco”. Vanesa Fernández engadiu que “esta xornada lúdica trasmitiu aos nenos e nenas participantes a importancia dos produtos do mar na súa dieta e o fomento do seu consumo”.





















O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



