Ribadeo, 16 de xullo de 2016.- Máis de 32.000 persoas visitaron a praia das Catedrais durante a primeira quincena do mes de xullo. Deste total, 29.094 obtiveron a autorización a través da web da Xunta https://ascatedrais.xunta.es.
A delegada territorial, Raquel Arias, desprazouse ata Ribadeo para avaliar co persoal da Xunta que traballa no areal os datos de visitantes e, en xeral, o funcionamento do operativo durante estas primeiras semanas de control do acceso. Segundo puido confirmar, o plan funcionou con total normalidade e o cupo, fixado en 4.812 persoas diarias, non se chegou a cubrir en ningunha xornada.
Así mesmo, a delegada constatou a boa aceptación que está a ter o servizo de guía e divulgación ambiental, que nos dez primeiros días foi solicitado por 1.603 persoas. Traballadores da Xunta encárganse das visitas guiadas, ofrecendo información sobre os valores ambientais, fauna, flora e xeoloxía. O percorrido ten unha duración aproximada de 30 minutos e realízanse en grupos de 25 persoas.
Do resto de persoas que accederon á praia, preto de 1.000 correspondían a persoas aloxadas nos establecementos hoteleiros de Ribadeo; case 200 valéronse do billete do autobús que os trasladou ata a praia, e 150 do de tren.
Raquel Arias lembrou que as medidas de control de acceso son “necesarias para compatibilizar o disfrute do monumento natural coa súa preservación”, e que as diversas vías para conseguir a autorización son “áxiles e sinxelas”.
“O sistema non só funciona senón que mellora a experiencia dos visitantes do monumento, porque se evitou a masificación e se reforzaron os servizos”. Ao respecto, lembrou que a propia Xunta destina tamén persoal de apoio a actuacións de ordenación do uso público e de información das áreas de aparcamento. Este persoal resolve, entre outras cuestións, calquera dúbida que poida xurdir en relación cos pases de acceso.
O plan estará operativo entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Durante o pasado verán recibíronse neste período preto de 240.000 visitantes, e só se completou o cupo en 14 días, todos eles en agosto. Tamén se puxo en marcha durante a pasada Semana Santa.
A praia das Catedrais é o reclamo principal dunha zona excepcional con moitos atractivos que ofrecer aos visitantes, xa que o monumento intégrase nunha Zona de Especial Conservación (ZEC) e na área núcleo da Reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terra de Burón. Ademais, está catalogada como Punto de Interese Xeolóxico (PIX).





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



