Cervo, 13 de xullo de 2016. O Concello de Cervo presenta a aprobación no pleno extraordinario da corporación municipal que se celebrará este xoves dous investimentos que en total superan os 80.000 euros para obras de mellora nas infraestruturas de saneamento de San Cibrao.
O alcalde, Alfonso Villares, anunciou que “mañá vai ter lugar en Cervo un pleno extraordinario onde, entre outros puntos, imos levar dous asuntos que nós consideramos moi importantes, porque permítennos facer unha serie de investimentos no noso concello que van reverter naquelo que nós consideramos fundamental, como son os servizos básicos, neste caso trátase de investimentos no saneamento de San Cibrao”.
Alfonso Villares subliña que “van ir baixo a modalidade dun investimento financeiramente sostible. A normativa estatal desde hai uns anos impídenos aos concellos gastar máis do que poidamos, pero tamén nos posibilita nos casos como é o do Concello de Cervo, onde temos un remanente de tesourería positivo do exercicio anterior, destinar parte dese remanente a obras de investimentos financeiramente sostibles”.
A concelleira de Medio Ambiente no Concello de Cervo, Manuela Méndez, detalla que “parte deste diñeiro, en concreto 54.143,14 euros, va ir destinada á reparación do emisario da estación de bombeo de San Cibrao. Por outra parte, temos un investimento de 26.807,55 euros que vai ir destinado á reparación do equipo de trituración do tanque de tormentas, tamén no saneamento de San Ciprián, a carón da Casa do Mar. É unha obra que fixo hai pouco pero houbo problemas no seu momento coa Confederación Hidrográfica do Norte porque nos entregou as obras sen emisario e polo tanto estivo a maquinaria moito tempo sen funcionar, de aí que parte desa maquinaria agora mesmo haxa que reparala e renovala. Pero, sen darlle máis voltas ao asunto, hai que acometer estas obras e nós desde o goberno do Concello de Cervo seguimos a investir naquelas actuacións que nós consideramos que afectan aos servizos esenciais que temos que ter todos os cidadáns”.
E o alcalde rematou destacando que “estes investimentos son posibles debido a unha xestión que nós consideramos responsable e que levamos xa durante unha serie de anos facendo, tratando de gastar menos do que podemos. De aí, como dixemos onte, as contas xerais do ano 2015, onde todas as magnitudes económicas nos resultan positivas, son as que nos posibilitan que no día de hoxe poidamos destinar diñeiro, que son fondos propios do Concello de Cervo, que temos todos os veciños do municipio, para investimentos deste tipo”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



