Celebrado o Ribadeo Indiano, polo que queremos felicitar tanto a ACISA, pola súa brillante organización, coma ós veciños e veciñas, pola súa exemplar participación, toca pararse a pensar un pouco na situación do concello e se é posible felicitar ó equipo de goberno pola súa indubidable dedicación á festa cando teñen en total abandono a vila e as parroquias, incumprindo cas obrigas encomendadas pola veciñanza.
Sen desprezar a súa importancia para o Concello, parece que Ribadeo non é mais que As Catedrais, Os Indianos e a residencia da terceira idade: o resto está absolutamente desatendido polo alcalde e os seus concelleiros.
Poñamos só por exemplo a rúa de San Roque, na que se desenrolou parte da celebración: preciosa cas súas grinaldas e as súas bandeiras brancas, ben perigosa cas súas beirarrúas cheas de buratos, cas raíces das árbores querendo saír por entre as xuntas do pavimento, e cas irregularidades que estas provocan no terreo e que converten a rúa nunha pista de obstáculos… Cando se puxeron os adornos para os Indianos, habería que ter posto tamén uns carteis avisando ós viandantes de que, de camiñar polas beirarrúas, non esquecesen ir mirando para o chan.
Ribadeo ten moito traballo pendente para facer da vila e das parroquias un exemplo de mantemento e coidado, un traballo que ten que ser diario, de dedicación continuada, exclusiva, como pola que cobra o señor alcalde…
A mais dun ano da celebración das pasadas municipais e da formación do actual goberno do concello, os veciños e veciñas seguimos esperando a que cumpran co programa que defenderon para as eleccións e no que se recolle, por exemplo no punto 90: “Tanto nas vías públicas como nos edificios oficiais seguiremos mellorando a accesibilidade e a mobilidade para persoas con algún tipo de diversidade funcional”; no apartado 94, “Potenciaremos a vida económica e social das parroquias mantendo ao día as infraestruturas básicas (pistas, rede de camiños, limpeza de gabias, conservación do contorno dos ríos, locais sociais, etc.)”, ou no 102: “Seguiremos avanzando no saneamento das parroquias e as praias do concello”…
Sabemos que o señor alcalde e os señores e señoras concelleiras pisan as rúas de Ribadeo cada día e coñecen o estado das mesmas, do mobiliario urbano, dos parques e paseos,… Estamos seguros de que coñecen tamén o estado de absoluto abandono de pistas e camiños, gabias, contorno dos ríos, locais sociais, parques de nenos e maiores,… das parroquias. Vai sendo hora de cumprir as promesas. Se non é porque as teñen feito e o concello o necesita, que sexa porque un concello engalanado luce moito mellor cando está ben coidado.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



