Santiago, 8 de xullo de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que o cambio no modelo de reparto das cotas de pesca do cerco defendido pola oposición, e no que se prima o número de tripulantes en vez da fórmula mixta actual que tamén ten en conta as descargas históricas, suporía a perda dun 20 por cento das posibilidades de pesca que na actualidade ten a flota galega.
Balseiro insistiu en que desde a oposición “non se votaron os números” e explicou que, por exemplo, só na zona IXa perderíamos o 50 por cento do xurelo, onde agora temos o 98,7 por cento da cota, pois tería que compartirse con Andalucía que ten 1.228 tripulantes nesta modalidade de pesca.
“¿Como poden pedir á conselleira e ao Goberno da Xunta que defenda unha postura na que Galicia perde?”, cuestionou Balseiro, tras lembrar que a Consellería do Mar leva toda a lexislatura traballando a prol de maiores e mellores cotas de pesca. Así, indicou que as cotas das principais especies que captura o cerco subiron nun 52 por cento desde o 2009, “situándose por enriba das que tíñamos co bipartito”.
INTERLOCUCIÓN CONTINUA
Balseiro lamentou que as forzas da oposición sexan incapaces de valorar os foros de participación e diálogo que, á iniciativa da Xunta, están abertos co propio sector. “Alí está representado todo o cerco galego, sen exclusións, porque a obriga da Xunta é gobernar para todos e non so velar polos intereses dunha parte, como se está a facer desde a oposición”, dixo.
Así mesmo, apuntou que no PPdeG “estamos moi satisfeitos cos resultados das xuntanzas que desde a Consellería se mantiveron co cerco, todas elas dirixidas a acadar as mellores condicións no desenvolvemento da actividade”. A modo de exemplo, puxo en valor o acordo para a reasignación de cota, deseñado pola Xunta a iniciativa do sector, para que ningún barco galego quede sen cota (distribuída en función do seu tamaño), “unha proposta que xa fora formulada hai dous anos e que daquela incomprensiblemente non se aceptou”, lamentou.
XUBILACIÓN DE GARDACOSTAS
Por outra banda, e en relación cunha iniciativa do BNG obxecto de debate tamén hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento galego, o Grupo Popular lembrou que xa existe una acordo do Parlamento de Galicia polo que se solicita ao futuro Goberno do Estado que os gardacostas poidan acollerse aos coeficiantes redutores de cara a súa xubilación, acordo aprobado co voto en contra do BNG e do resto dos grupos da oposición.


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



