Foz 29-7-16.O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela reuniuse co alcalde do Concello de Foz, Javier Jorge Castiñeira para departir acerca da situación actual do centro de día do municipio lugués. Alí, os representantes de ambas as dúas entidades avanzaron na cesión da xestión do fogar residencial e centro de día para a atención das persoas maiores do concello e da súa comarca, co obxectivo de prestar o servizo a persoas sen recursos e con alto grao de dependencia. Do mesmo xeito, coa cesión da xestión do inmoble ao Concello de Foz, as persoas maiores que se atopan na actual residencia do Concello serán acollidas no fogar residencial. A cesión realizarase polos vindeiros dous anos, coa posibilidade de prórroga doutros dous anos máis. Grazas a este acordo o centro de día e fogar residencial poderá abrir as súas portas neste mesmo ano.
O responsable da área social do Goberno galego salientou que o obxectivo da Consellería de Política Social é “trasladar a recuperación das contas públicas ás familias galegas, priorizando a aquelas persoas que máis dificultades teñen”. “Grazas ao centro de día de Foz axudamos a mellorar a calidade de vida de dous colectivos que ocupan un lugar fundamental nas nosas políticas como son os galegos e as galegas con menos recursos e os que sofren unha situación de vulnerabilidade pola súa dependencia”, explicou.
O centro conta con 80 prazas (40 de centro de día e 40 de fogar residencial), ten unha superficie de 2.317,21 metros cadrados e atópase completamente equipado. As obras de construción foron recibidas en novembro de 2015 e a Xunta de Galicia realizou un investimento total de 2.340.603,16 euros cofinanciados con fondos FEDER (80%) e fondos propios do Goberno galego (20%).
Na súa visita a Foz, o conselleiro de Política Social valorou moi positivamente a cesión do centro ao concello lucense xa que, deste xeito, “garántese a inmediata posta en funcionamento do novo centro e o cumprimento dos fins para os que foi proxectado como centro de atención ás persoas maiores”. Nesta liña, Rey Varela anunciou que o convenio que permitirá esta cesión está en fase de tramitación e que será asinado proximamente para a posta en marcha do centro.
Outras liñas de colaboración
Ambos mandatarios sinalaron o acordo acadado respecto ao centro de día e fogar residencial como unha nova liña de colaboración entre Xunta e concello que ten beneficiado aos veciños de Foz. Neste aspecto cómpre sinalar o incremento de 2.784 horas anuais no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 37.548 horas anuais e unha ratio de atención do 95,95%. Este incremento débese a un aumento da partida consignada ao SAF que no 2009 era de 140.000 euros e agora ascende ata os 360.000 euros.
Tocante a atención aos máis pequenos, a Xunta de Galicia investiu preto de 18.000 euros nas obras de mellora e mellora do equipamento na Escola Infantil Nosa Señora da Purificación. Cómpre subliñar que a ratio de prazas públicas en escolas infantís é do 52% cun total de 117 prazas, moi por riba da taxa aconsellada pola Unión Europea que é do 33%. Así tamén, o Concello de Foz é beneficiario de numerosas axudas para os recén nacidos, como é o caso da Tarxeta Benvida.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



