A deportista viveirense Yolanda Rodríguez vencía con autoridade no torneo Vila de Carral celebrado o sábado 9 de xullo no pavillón de tiro da area deportiva de devandito municipio e organizado polo club de tiro local e o Concello.
O torneo congregaba a tiradores de toda Galicia e Asturias, pero a actual campioa nacional cadete que esta tempada se estrea na categoría xuvenil, non daba opción aos seus rivais e desde os primeiros compases da competición marcaba as diferenzas para poder vencer cunha tirada en precisión de 354 puntos, 8 máis que a tiradora do Club do Castro Ferrolano e 12 que a tiradora do club Trasona de Avilés. As secuencias de disparo da mariñá foron 86, 88, 89, 91 que lle deron a vitoria final na modalidade de precisión.
Pola tarde, na competición de pistola de velocidade, Yolanda Rodríguez comezaba a separarse das súas rivais na quinta tanda de disparos das 8 que se compoñía a competición que se efectuaba sobre 40 disparos. Nesta complicada modalidade de tito de velocidade, na que se dispón de tan só 10 segundos antes de que o branco automático vire debendo meter nese curto espazo de tempo 5 tiros no albo, pechaba a competicion cunha puntuación de 341 puntos que lle daba tamén a vitoria.
As vindeiras citas da deportista serán o Torneo Apóstol na Cidade de Santiago e a Copa Princesa de Asturias para a que se atopa clasificada.