Mondoñedo 26 agosto 2016: A triatleta Susana Rodríguez Gacio será a pregoeira das San Lucas 2016, as feiras máis antigas de Galicia que este ano celebran a súa 860 edición. A deportista, campioa mundial de paratriatlón e que compite nas paraolimpidas de Río, ten orixes mindonienses, en concreto da parroquia de Argomoso.
O presidente da asociación organizadora das feiras, Miguel Souto, considera que a atleta “é a mellor embaixadora que poden ter as nosas feiras e festas este ano. Un dos obxectivos que nos propoñemos dende a organización é o de dar a coñecer as feiras máis antigas de Galicia por todo o mundo e Susana vainas levar alén do Atlántico a esas terras ás que emigraron, tempos atrás, moitos galegos que aínda conservan na súa memoria As San Lucas”.
Miguel Souto desvela que a proposta de ser pregoeira das San Lucas “foi aceptada dende o primeiro momento por Susana, a quen, segundo nos trasladou, lle fixo moi feliz esta petición”. De feito, segundo engade o presidente da asociación As San Lucas, Rodríguez Gacio fíxolle saber que “preparará o pregón unha vez regrese das paraolimpiadas de Río e díxonos que lle gusta escribir e esta será unha boa oportunidade para afondar no coñecemento sobre a historia de Mondoñedo”.
A maiores, Souto fixo unha comparativa entre os valores olímpicos e a organización das San Lucas. “Excelencia, amizade e respecto son os valores olímpicos algo que tentamos acadar a través das feiras e festas de Mondoñedo pois tentamos superarnos ano a ano na procura da excelencia; a amizade é palpable durante os días de celebración cos múltiples encontros que se producen e sempre temos presente o respecto polas tradicións”.
Susana Rodriguez Gacio, naceu en Vigo o 4 de marzo de 1988, debido ao traballo de seus país nesta cidade, porén a súa familia é mindoniense. Segundo Souto a triatleta lembra coma un dos seus primeiros recordos de Mondoñedo as festas de San Pedro (Argomoso) no que había baile, procesión e unha concorrida comida familiar. Susana Rodríguez Gacio presenta unha condición xenética que lle provoca albinismo oculocutáneo, polo que carece de pigmento no pelo, pel e ollos e a súa capacidade de visión está por debaixo do 10%. Posúe o título de Fisioterapia e rematou este ano os estudos de Medicina na Universidade de Santiago. O vindeiro curso ten previsto comezar a especialización en Medicina física e rehabilitación.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



