Mondoñedo, 18 de agosto de 2016.- O Concello de Mondoñedo reforzará o seu departamento de Servizos Sociais coa incorporación dunha educadora familiar, que dedicará parte do seu traballo á atención á xuventude. Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, quen precisou que “esta profesional prestará apoio ao departamento de Xuventude, reforzando deste xeito as áreas vinculadas á prevención de drogodependencia e de utilización responsable das redes sociais”.
Candia amosouse moi satisfeita por esta nova incorporación e precisou que “deste xeito vénse a cubrir unha carencia que tiña o Concello mindoniense que non contaba con esta profesional debido ás políticas de recortes que viña aplicando o anterior equipo de goberno”.
A rexedora sinalou que se trata dunha medida moi necesaria e esperada para o Concello de Mondoñedo posto que debido a este déficit “víñase sufrindo unha discriminación nesta materia con outros Concellos da contorna que si contaban con esta educadora”.
A alcaldesa engadiu ademais que “con esta nova incorporación, o abeiro do plan de emprego da Deputación de Lugo, cumprimos co compromiso adquirido polo equipo de goberno na área de servizos socias. Un departamento que só no servizo de axuda no fogar conta cun total de 92 usuarios e sen listas de espera”.
“A xente maior e a xuventude, as nosas prioridades”
“A xente maior e a xuventude son e seguirán sendo as nosas prioridades”, salienta a alcaldesa. “Que os nosos maiores estean o maior tempo posible nas súas casas e cunha boa calidade de vida é o obxectivo que perseguen as 18 auxiliares de axuda no fogar do Concello mindoniense que os coidan” recalcou Candia.
“Inculcarlle aos nosos mozos e mozas unha educación responsable para loitar contra a lacra das drogas e ensinarlles a utilización responsable das redes serán as primeiras actuacións da educadora familiar que incorporaremos no departamento de Servizos Sociais”, concluíu a rexedora.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



