O campo de Sta. Cruz acollía este mércores 17 de agosto a presentación dos atletas que formaron parte esta pasada temporada da sección de atletismo das Escolas.
No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López e o presidente das Escolas, D. Pablo Maseda.
A novidade para esta temporada é a incorporación ó corpo técnico de Siro Maseda, un laurentino amante do atletismo e que é moi coñecido na comarca posto que participa dende fai moitos anos en probas populares e en trails de gran fondo. Siro virá a reforzar a parcela técnica na que continúan Martín Pardiñas, Ismael Vallines e Rubén García.
Todos os atletas que queiran incorporarse a esta sección terán de prazo ata o venres 23 de setembro; data na que se dará por pechada a sección.
Ademais dende as escolas agradecen a colaboración que presta o Clube Atletismo Lourenzá nos adestramentos así como nas competicións á que se presentan “as balas”; posto que case todas as fins de semana os nen@s das Escolas están presentes en múltiples frentes e sen esta axuda todo esta sería imposible.
Maderas Barcia continuará un ano máis patrocinando unha das seccións máis laureadas das escolas, polo que este ano se renovará a equipación que será presentada en breve cun vestiario que volverá a incidir nas cores do club: branco, vermello e negro.
O vindeiro sábado as balas do Maderas Barcia estarán na Nocturna Popular de San Ramón en Vilalba e o domingo na Figueras Solidaria en Castropol.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
