Santiago, 10 de agosto de 2016.- Un total de 44 propostas presentáronse aos dous espazos coworking que comezarán o seu labor a mediados de setembro na provincia de Lugo e que se desenvolven no marco do acordo de colaboración da Xunta, a través do Igape, e da Escuela de Organización Industrial (EOI). En concreto, recibíronse 24 iniciativas empresariais para Monforte e 20 para Mondoñedo. Nestes procesos de formación e asesoramento especializado poderán participar ata tres persoas por proxecto, polo que ao redor dun cento de emprendedores poderán recibir formación e asesoramento gratuíto.
Durante a primeira semana de setembro, realizarase o proceso de selección a través de entrevistas persoais aos inscritos, coñecendo así as necesidades formativas específicas de cada aspirante en función das peculiaridades dos proxectos.
No marco da actuación de aceleración de proxectos empresariais, poderán participar en total, durante os dous próximos anos, arredor de 1.500 persoas con vocación emprendedora en toda Galicia –500 na provincia de Lugo– nas seis novas aceleradoras de emprendemento que se porán en marcha: ademais de Mondoñedo e Monforte, o proxecto inclúe catro coworkings máis en Cabana de Bergantiños e Ferrol (A Coruña), e en Celanova e Xinzo (Ourense).
Ao abeiro do convenio de colaboración, o proxecto de coworking, impulsado coa EOI e que conta co apoio do Fondo Social Europeo, contribuirá a que os emprendedores dispoñan de diferentes servizos e instrumentos de apoio. Para esta iniciativa cóntase coa cooperación dos concellos, que ceden os locais para a formación e asesoramento dos emprendedores e para a posta en marcha e aceleración dos mellores proxectos, que serán titorizados por expertos. No caso de Monforte, localizarase no Centro Comarcal; mentres que en Mondoñedo estará na sede da Fundación Comarcal.
O obxectivo prioritario das iniciativas de coworking é acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais sobre o territorio; incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores ourensáns e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá. En cada unha das sedes das aceleradoras haberá catro edicións sucesivas que se desenvolverán durante 5 meses cada unha e que poderán acoller, en cada caso, entre un e tres emprendedores por cada un dos 22 proxectos que, como máximo, se atenderán por convocatoria e localización.
























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



