Burela, a 25 de agosto de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) asegurou hoxe que “é tan grande a irresponsabilidade política deste alcalde, tan grande o seu pasotismo, que nin tan siquera informa ós veciños de cándo pagaremos a contribución urbana, e por riba afirma que se cobrará toda nun único prazo. Esto é rirse da xente”.
Os populares cren que “só por esto, por esta absoluta falta de respecto ós cidadáns e ós cartos de todos e cada un dos contribuintes, este home debería irse para a súa casa. E se non se vai él, debería dimitir, agora sí, a concelleira de Economía, Patricia Otero, por ter demostrado sobradamente a súa incompetencia política para exercer tal cargo, dado que este asunto é da súa competencia”.
O GMP manifesta que “foron bastantes veciños os que se puñeron en contacto con nós para preguntarnos o porqué non se estaba cobrando a contribución urbana. Pois ben, antonte, martes, ó remate da comisión informativa de asuntos de pleno, preguntamos que estaba a pasar, e se nos dixo que era culpa da Deputación, e que se cobraría todo xunto nun único recibo. Preguntamos o porqué de non ter avisado ós veciños a través de bandos ou pola prensa, e se nos dixo, con total desprecio ós cidadáns e veciños, que se informaba se ían polo concello preguntar”.
“Atendendo a estas cuestións, en primeiro lugar, desde o GMP queremos deixar claro que a Deputación Provincial de Lugo vai emitir os recibos da contribución urbana de Burela xunto cos dos demáis concellos, co que a Deputación aforrará cartos. Pero a ordenanza municipal do noso concello sobre a contribución urbana di que se cobrará en dous prazos, en xuño e en outubro”.
Os populares indican que “a Deputación tén a obriga de cumprir coa ordenanza municipal de Burela, e pasar o recibo en dous prazos, porque a ordenanza segue en vigor e non está modificada. Entendemos que de non pasarse en dous prazos, calquera veciño que vise lesionados os seus intereses podería presentar un recurso e tería moitas posibilidades de ganalo”.
Os edís populares lembran que “a iniciativa de que a a contribución se abone en dous prazos foi do anterior goberno municipal do PP, e xa se aplicou en 2014 e 2015”.
“En segundo lugar, engaden desde o GMP, entendemos que se tiña que ter avisado ós cidadáns e veciños do retraso no cobro da contribución urbana a través de bandos e prensa, e non estar agardando a que vaia a xente preguntar ó concello. Moitas familias programan os seus gastos e agradecen que a contribución se cobre en dous prazos, porque dese xeito se fai máis levadeiro soportar tal gasto. Demandamos que se informe con todo detalle de qué vai pasar este ano coa contribución urbana”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



