Ribadeo, 23 de agosto de 2016. O vindeiro xoves, 25 de agosto, remata o prazo de inscrición no programa Corpo de muller, que organiza a Concellaría de Igualdade e que está destinado a aquelas mulleres que desexen mellorar a súa utilización corporal cun método de fisioterapia suave, progresivo e activo, a Reeducación postural global.
Este programa conta cunha oferta dirixida a mulleres en varias situacións da súa vida. Os Talleres previstos son:
-Taller de reeducación da columna: Unha postura incorrecta fixa ou recorrente supón un gasto enerxético no sistema corporal, para evitar ese desequilibrio outras partes do corpo deben realizar un sobreesforzo, dando lugar a longo prazo ao malestar, cansancio, estrés e accidentes casuais.
-Taller de activación do perineo: É unha liña de traballo que implica o periné nas accións de todo o corpo. Preséntase como unha sesión de ximnasia colectiva, con esta diferenza que todos os movementos son selectos e postos xuntos cun obxectivo constante: introducir varias formas de solicitación do periné.
-Taller de embarazo e movemento: Os cambios no embarazo van máis alá dun aumento do diámetro da barriga: columna, cadeiras, órganos, articulacións e músculos iranse adaptando para albergar o bebé.O movemento adaptado ao embarazo e a cada embarazada en particular ten moitos beneficios
-Taller de postparto e masaxe Shantal a onde poden acudir se o desexan coas súas crianzas: Atenderanse os principais cambios fisiolóxicos que notan as nais durante o posparto, principalmente no solo pélvico (que foi estirado, distendido e pode tamén que esgazado) e na musculatura abdominal que queda distendida e lánguida (acentuándose as alteracións posturais e as dores a nivel lumbar).
Os Talleres desenvolveranse a partir do 12 de setembro e ata o 15 de decembro en varios días a semana e horarios. O prazo de inscrición remata o 25 de agosto. Establécese unha única cota a modo de matrícula para as alumnas. O prezo público para poder asistir aos diferentes Talleres será o mesmo variando en función do número de horas ás que se anote a interesada (1 hora á semana: 30 euros, dúas horas: 50 euros e tres horas á semana: 70 euros.)
As interesadas en acudir a estas actividades poden obter máis información no Centro de Información ás Mulleres, no teléfono 982 120 739 ou no e-mail cim@ribadeo.org.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



