Ribadeo, 22 de agosto de 2016. Éxito de público e de participación no V Open de Pádel Ditram, que se disputaba nas instalacións de Pádel Club Ribadeo desde o 17 ao 21 de agosto.
Os gañadores e gañadoras foron:
CATEGORÍA FEMININA:
– Campioas: Laura Pisón-Cristina López
– Subcamioas: Maribel Muñoz-Raquel Álvarez
CATEGORÍA MIXTA:
– Campióes: Maribel Muñoz-Felipe Serrano
– Subcampiós: Laura Pisón-Fidel Guimarey
3ª CATEGORÍA MASCULINA
– Campeones: Fran Rodríguez-Borja López
– Subcampeones: Aitor López-Clemente Martínez
2ª CATEGORÍA MASCULINA
– Campións: Enrique Vega-Mario Castro
– Subcampións: Mario Quintana-Rodrigo Castelao
1ª CATEGORÍA MASCULINA
– Campións: Miguel Veiga-Juan Manuel Pérez “Pibe”
– Subcampións: Felipe Serrano- Patxi López
Houbo premios en metálico e en material deportivo para os vencedores. O V Open de Pádel Ditram estivo organizado por Pádel Club Ribadeo e contou co patrocinio de Grupo Ditram Automoción en Lugo e en Foz; Axa Óscar García Teijeira, en Ribadeo, Viveiro e Burela; e Multitrasteros, no polígono industrial de Ribadeo.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
