O vindeiro mércores 24 de agosto rematan as actividades dos Mércores de Natureza por este verán. Neste caso a actividade será o descenso en kayak do Río Sor, unha actividade que se organiza cada verán porque nos permite dar a coñecer o Río Sor e parte da ría desde dentro.
Nesta ruta, que dura unhas 2 horas, os participantes poderán observar os seguintes puntos de interese: O entorno de Ribeiras do Sor (o punto navegable máis alto do Río), á área recreativa de Ribeiras do Sor, a Illa de S. Martín, as pontes sobre o Río Sor, a paia de Arealonga e o porto do Vicedo. A Actividade está pensada para poder ser realizada por un abano amplo de idades, desde xente moi maior ata nenos a partir de 7-8 anos. Outra opción interesante é que os kayaks vaian ocupados por un neno e un adulto. A ruta desenvólvese a un ritmo tranquilo e haberá un descanso a medio camiño. Na actividade participan tanto os monitores da empresa de ocio Actividades Estaca como persoal do Concello de O Vicedo.
O prezo da actividade é de 15 € por persoa e hai que anotarse no teléfono: 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para a actividade será o porto pesqueiro do Vicedo ás 10h desde onde as furgonetas da empresa Actividades Estaca levará os participantes ata Ribeiras do Sor para comezar a ruta, que remata precisamente no Porto do Vicedo.






















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



