Ribadeo, 17 de agosto de 2017.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados da presidenta provincial dos populares lucenses Elena Candia fixeron esta mañá, en rolda de prensa, balance do que foi a actividade parlamentaria durante a lexislatura autonómica que vén de rematar e valoraron a actuación do Executivo autonómico en relación coa comarca da Mariña lucense.
Desde o PP constatan que a nosa comarca “sae ganando con Feijóo no Goberno” e como proba disto deron un repaso polos distintos ámbitos salientando as melloras impulsadas nunha Lexislatura que cualificaron como “moi proveitosa para A Mariña”. Con todo, fuxindo do triunfalismo, indicaron que desde o PP seguirán traballando desde unha postura “esixente” a fin de impulsar, aproveitando o novo momento económico, os compromisos pendentes “e facelo en beneficio dos nosos veciños”
“Ninguén pode negar que atopámonos nunha Galicia mellor que hai catro anos e que, ademais, está mellor para máis xente”, e iso a pesar de tocou xestionar un momento económico “extremadamente complicado” en todo o país. “Sen lugar a dúbidas ter un goberno estable, cun presidente con experiencia de xestión, que coñece a realidade e se compromete e esforza en mellorala, axuda moito. Axuda a Galicia en xeral, pero tamén a esta comarca en particular”
A MARIÑA PRESENTE NO PARLAMENTO GALEGO
Os deputados destacaron lembraron tamén que os asuntos principais que afectan á comarca estiveron presentes no Parlamento e na política e acción da Xunta de Galicia”: a mellora da sanidade pública, o impulso das infraestruturas, a necesaria recuperación do emprego, o blindaxe dos servizos sociais, “inspiraron todo o traballo desenvolvido neste período”.
“O que nos diferenza dos nosos rivais é que mentres eles só teñen palabras, e unha palabra bastante feble, ata o punto de prometer agora todo aquelo que non fixeron durante o bipartito, nós no PP temos feitos. E feitos que acreditan que fixemos da Mariña a nosa prioridade”
Así por exemplo salientaron que A Mariña sumou nos últimos catro anos novos servizos sanitarios e puxo en marcha os principais proxectos estratéxicos no ámbito social e das infraestruturas.
PRIORIDADE: A MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA
Por exemplo, nesta lexislatura a Xunta impulsou a ampliación do Hospital da Costa, cuxos traballos previos xa se iniciaron e se completarán acometendo o groso das obras no mes próximo. Neste mesmo ámbito e con especial satisfacción lembran a posta en marcha de novos servizos, fronte ao enganosa idea da oposición que falaba do desmantelamento do Hospital, coa creación da sala de oncoloxía (para tratamentos de quimioterapia) ou o novo servizo de hospitalización a domicilio, entre outras melloras en infraestruturas e dotacións.
Desde o PP tamén destacaron que esta foi a lexislatura do avance nas infraestruturas de maior necesidade estratéxica: o acceso ao porto de Burela, practicamente finalizado tras investir máis de 7 millóns de euros, e a reactivación do primeiro treito lucense do corredor, o tramo de competencia autonómica Celeiro-San Ciprián, no que se están a investir 54 millóns de euros.
Así mesmo, os deputados non quixeron restarlle mérito tamén a outros destacados investimentos levados a cabo na comarca como os que permitiron a posta en marcha do gasoduto, e a extensión da rede de gas natural en Viveiro, Xove, Cervo e Ribadeo, os investimentos dirixidos á facilitar o asentamento de novas empresas con descontos importantes no acceso ao solo industrial, a posta en marcha do plan de impostos cero no rural, o reforzo dos servizos sociais, concertando máis prazas públicas, ampliando o servizo de axuda no fogar para persoas dependentes ou construíndo e equipando as residencias de Foz e Cervo e repasaron tamén o plan de incentivos do programa de fomento da natalidade.
A recuperación do emprego, tivo tamén un apartado destacado, pois desde o PP lembraron que os últimos datos oficiais acreditan que o paro está a niveis de fai dez anos, con reducións do desemprego que superan a media autonómica, provincial e estatal na maior parte dos meses. Para reforzar esta tendencia lembraron os investimentos en obradoiros, cursos de formación e os incentivos e as axudas outorgadas a empresas, comerciantes e emprendedores.
COMPROMISO SANITARIO NUN GOBERNO ESTABLE
“Para non poñer en risco a incipiente recuperación, e que esta poida chegar a todos os fogares da comarca” desde o PP defenderon que Feijóo liderou e segue a ofrecer “un Goberno estable que, lonxe de liortas como acontece na oposición, se dedicou a traballar, o que permitiu nun momento de crise apostar polo sistema sanitario, polo compromiso asistencial, e de protección social e laboral e seguirá facéndoo no futuro, e agora, con máis recursos e nova intensidade”.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



