Concelleiras do BNG-AA no Concello de Foz.- En Foz nos próximos anos vaise proceder a humanizar as avenidas da Mariña e de Álvaro Cunqueiro, unha obra de arredor de 2 millóns de euros moi demandada polos comerciantes e un lavado de cara que boa falta lle fai ao pobo. A corporación municipal ao completo decidiu apoiar este investimento no que tamén colaboran a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.
No BNG de Foz estamos de acordo con todos aqueles investimentos que supoñan unha mellora para o pobo e para os veciños, mais agora que se achega o momento de levantar as beirarrúas e picar as estradas, xórdennos moitas dúbidas: non estaremos empezando a casa polo tellado? Pensamos que antes de acometer unha obra tan importante debería elaborarse un estudo ou plan de mobilidade previo para buscar alternativas ao tráfico da vila, que nos diga cantos coches entran en Foz por cada unha das avenidas, cantos destes se quedan nos garaxes, cantos só cruzan a vila, cantos veñen mercar…
Humanizar o centro da vila debería ir unido a facela o máis peonil posible, un modelo similar ao das Catro Rúas de Ribadeo, onde poder camiñar, comprar ou tomar algo sen preocuparnos do paso dos vehículos. É ese o modelo que busca o goberno municipal? Preténdese con esta humanización peatonalizar ou semipeatonalizar? A resposta parece un non bastante claro, cando de entrada non se reduce o número de prazas de aparcamento no centro e polo tanto non se reduce o tráfico e non hai estudos finais de aparcadoiros disuasorios suficientes.
Vaise promover o uso da bici polo centro para darlle continuidade ao carril bici da costa? Se é así, que velocidade será a máxima permitida para os vehículos? Poderemos convivir peóns, ciclistas e coches en Foz? Ou só vamos investir tal cantidade de euros en cambiar baldosas e farolas, levando a cabo así un cambio de estética pero non un cambio de modelo urbano? Por que non aproveitamos para pensar en facer un acceso central a Foz que reduza o tráfico no centro e dinamice a zona para o comercio? Non sería mellor habilitar un dobre sentido en Álvaro Cunqueiro e peatonalizar definitivamente Avenida da Mariña?
É o momento de valorar todas estas cuestións e algunha máis, de pensar o modelo urbano que queremos para Foz, de escoller o futuro urbanístico da nosa vila, de decidir se queremos un Foz para as persoas ou para os coches. Non deixemos escapar esta oportunidade.
Lorena Seivane
Teresa Rego
Concelleiras do BNG-AA no Concello de Foz
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



