Cervo, 10 de agosto de 2016. A praia do Torno acolle este mércores as actividades enmarcadas na campaña Separemos ben, reciclaremos mellor levada a cabo polo Concello de Cervo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e SOGAMA. Por este motivo este mércores visitaron o areal as concelleiras cervenses de Medio Ambiente e de Educación, Manuela Méndez e Dolores García.
A edil de Medio Ambiente explicou que “con esta xornada o Concello de Cervo inicia unha nova edición da campaña institucional Separemos ben, reciclaremos mellor, que promoven a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e SOGAMA, contando coa colaboración e apoio de sistemas integrados de xestión de envases lixeiros, de vidro, pilas e aparellos eléctricos, como son Ecoembes, Ecovidro, Ecopilas, etcétera. Con esta iniciativa preténdese mellorar a concienciación ambiental da veciñanza e motivar a colaboración na correcta xestión dos residuos municipais”.
Manuela Méndez engadiu que “na praia do Torno está hoxe un aula móbil da Consellería con dous monitores ambientais, que se encargan de explicar aos presentes as pautas para unha adecuada recollida selectiva de residuos, tratando deste xeito de mellorar a concienciación ambiental da veciñanza. Para os máis pequenos hai un inchable e un xogo de reciclaxe de SOGAMA. A ecopatrulla está formada por dous monitores ambientais que percorren o areal para sensibilizar a toda a xente e facer recollidas simbólicas de residuos”.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



