A Mariña, 5 de setembro de 2016. A Mancomunidade de Municipios da Mariña celebrará pleno o vindeiro luns, día 12, ás 20:00 horas en Barreiros. Nesa sesión abordarase entre outros temas a distribución dos 412 colectores do lixo, que se van repartir entre os diferentes concellos, así como as 247 papeleiras que se adquirirán.
O presidente, Alfredo Llano, explicou que “o venres pasado abrimos os sobres correspondentes á licitación da compra de colectores e papeleiras a través dunha subvención que solicitamos para todos os concellos de A Mancomunidade e que ten unha inversión de 120.000 euros”.
Llano contou que “había tres empresas interesadas en acudir a esta licitación e resultou elixida a empresa Veicar de A Coruña . O que se vai tratar é de que se repoñan nos concellos o antes posible unha serie de colectores. Vanse traer 220 colectores verdes de douscentos litros, outros 78 colectores verdes de menos capacidade, 77 amarelos, 18 de papel e 19 de vidro. E tamén se mercarán papeleiras: 133 dunha modalidade e 114 doutra, ademais de cinco suxeita colectores”.
O presidente da Mancomunidade de Muncipios da Mariña dixo: “pensamos que foi unha boa oferta desta empresa, e imos facer un pleno da Mancomunidade o próximo día 12 no que falaremos de todo isto e ademais tamén abordaremos o plan Avanza, que é o plan de emprego no que hai seis concellos interesados en levalo adiante. Tamén imos falar da subvención que solicitamos para actos a prol da igualdade e contra a violencia de xénero, que van facerse en todos os concellos de A Mancomunidade nestes catro meses que faltan para rematar o ano”.
Finalmente Alfredo Llano sinalou que “tamén falaremos un pouco do que é a atención temperá porque hai unha serie de concellos interesados en integrar o servizo que se está ofertando desde Burela. Pensamos que sería unha boa cousa que estean informados e os servizos que poidan utilizarse dunha maneira comunitaria que se faga da mellor maneira posible”.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



