Lugo, 5 de setembro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular acusa aos socialistas da Deputación de Lugo de levar nove anos mirando para outro lado, sen conceder nin unha soa praza de teleasistencia, mentres agora o señor Campos se quere colgar a medalla.
A deputada do PP, Mari Teijeiro, recorda que desde o ano 2007 a Deputación gobernada por PSOE e BNG non concederon nin unha soa alta no servizo de teleasistencia na provincia de Lugo, cando si se estaba a facer desde outras deputacións provinciais galegas. “Foi co PP cando se empezou a falar de novas altas e da necesidade dunha nova ordenanza para renovar o servizo”, apuntou.
Así mesmo os populares acusan ao presidente provincial de mentir esta mañá cando dixo que as novas prazas están dirixidas para todos os maiores, xa que tal e como hoxe recolle a publicación da ordenanza no BOP, os que teñan recoñecida a situación de dependencia non poderán optar a esta prestación, evítandose así unha duplicidade de recursos ao poder acceder ao servizo a través da Xunta.
As melloras que introduciu o PP
En canto ás melloras que recolle o texto final, o PP recorda que grazas ás súas achegas as altas se van regular de acordo a criterios técnicos dos traballadores sociais dos concellos. Os populares conseguiron ademais que exista unha coordinación coa Xunta para evitar a duplicidade e solapamento na oferta do servizo. “Non é moi xeneroso colgarse medallas que non corresponden cando foi o PP o único que fixo avances na ordenanza cando estivo no Goberno e o que asegurou que foran incluídas no texto final”, precisa a deputada. E apunta que “tampouco é xusto criticar á administración autonómica que durante 9 anos estivo a cubrir un servizo que a Deputación negou aos lucenses a pesar de ser a súa competencia”.
Desde o Grupo Provincial do PP explican ademais que foi durante o Goberno de Elena Candia cando se asumiu por primeira ve o custo total do servizo desde a Deputación de Lugo liberando aos concellos da achega que tiñan que facer cada ano. Desde xeito abriuse camiño para que a teleasistencia non teña custo para os usuarios nin para os Concellos que prestan este servizo”, sinala.



















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



