Ribadeo, 5 de setembro de 2016. O Concello ven de anunciar nun bando os horarios para o remate das actividades vinculadas ás festas da patroa que se celebran durante estes días. O luns 5 e o martes 6 deberán ter rematado á unha da mañá, mentres que o mércores 7 poderán alongarse ata ás cinco da madrugada, o xoves 8 ata as catro, e o venres 9 e sábado 10 ata ás catro e media.
O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “xa metidos nesta semana de festas da patroa, neste broche final do verán, neste importante verán que tivemos aquí en Ribadeo, agora toca a ilusión destes días, que son moito máis que bulicio e diversión. Son o reflexo do que somos os de Ribadeo e o xeito que temos de gozar da nosa xente e da nosa terra”.
Fernando Suárez subliñou que “neste bando que vimos de publicar dispoñemos que estes días se convertan nunha fervenza de risas, de alegría, en un fluír de xente de aquí e de acolá que se achega aquí en Ribadeo. A nosa vila queremos que sexa modelo de limpeza, de orde e de apacible convivir”.
O rexedor ribadense engadiu que “tamén queremos lembrar que debe haber uns límites en canto a horarios e a ruídos tanto das orquestras, das atraccións, das barracas, etc… para poder convivir todos os que queren gozar e os que queren ou teñen que descansar. Como son bastantes días decidimos ir ao máximo que permite a lexislación actual, pero nalgúns deles dado que ao día seguinte é laborable resolvemos dar un horario pequeno”.
O alcalde de Ribadeo cre que “no conxunto de todos os días hai tempo máis que dabondo para rir, bailar, gozar, pasalo ben, ir ás atraccións, respectando aos que non poden ou teñen que traballar. En cumprimento destes horarios máximos permitidos deberán cesar as actividades tanto das orquestras como das barracas e demais actividades con son, facultando á Policía Local para que garanta o cumprimento efectivo destas autorizacións”.
Suárez Barcia engadiu que “ademais en materia de volume emitido polas orquestras, as atraccións ou polo resto das actividades vinculadas aos festexos da patroa terán que ter un especial coidado e deberán conciliar todo isto especialmente a partir das tres da mañá para os días nos que os festexos rematen en horario posterior”.
Fernando Suárez concluía: “confío, desexo e agardamos desde o goberno e a Corporación Municipal que sexan unhas boas festas para todos e para todas e as vivamos con ledicia, paz, orde, harmonía e respecto”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



