A pesares da climatoloxía, algúns dos integrantes da Asociación A Ribeira de Foz participaron e cumpriron co programa marcado por nos na última asemblea.
Esta vez tratase de un acto simbólico mediante o despregue dunha pancarta na cofraría de pescadores e a colocación carteis polos locais hoteleiros za zona portaría, co slogan “STOP BASURAS”. Pancarta coa que pretendemos fomentar o civismo na xente que visita o mercado e feirantes do mesmo, para que non se repitan os feitos de contaminación da ria de Foz, polo lixo que queda estrado na explanada portuaria durante e despois da celebración da feira semanal os martes, e tamén durante a celebración das festas veraniegas.
Lixo que en gran medida acaba na ría de Foz a pesares do bo servizo de limpeza be recollida que presta o concello. Dende a nosa asociación non denunciamos nin queremos que se sancione a ninguén, tan so pretendemos que os centos de plásticos; bolsas, cartóns , botellas, non acaben no fondo da nosa ría.
Para elo cremos necesario o fomento do civismo entre os feirantes do mercado e tamén nos clientes do mesmo.
Pregamos de forma explicita o concello de Foz que tome parte de unha vez por todas no problema, e que participe activamente en solventar de unha vez por todas estes feitos, procurar que non se volvan a repetir nunca mais, e que sin tomar ningún tipo de medida disciplinaria a cal nos opoñemos, promulgue o civismo e conciencie que os feirantes deben deixar limpo a o recinto portuario que usan. descoñecemos si os feirantes necesitan mais contedores de recollida ou calquera outro menester, ahí deben actuar as autoridades competentes na materia, pero o que non podemos seguir permitindo e que que centos de plasticos contaminen todas as semanas a ría de Foz.

























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



