Sarria, 13 de setembro de 2016.- A caravana electoral dos populares lucenses tivo como destino esta tarde os concellos de Sarria, Baleira e Riotorto. A primeira das citas foi na Cidade de Sarria e contou coa presenza do actual presidente da Xunta e candidato a reeleción Alberto Núñez Feijóo, ademais do cabeza de lista, Francisco Conde e da presidenta dos populares lucenses, Elena Candia.
Unha aposta de futuro polos concellos do rural
Máis tarde foi a quenda dos actos de Baleira e Riotorto onde Candia acompañada do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez afirmou que “co apoio dun goberno popular na Xunta imos situar aos concellos do rural nun lugar preferente na Galicia do 2020”.
De feito comprometéronse a desenvolver ás distintas medidas incluídas no programa e dirixidas a crear un rural máis atractivo e con máis oportunidades, tanto no ámbito social como moi en particular no lexislativo e tributario.
Nese sentido citaron algunhas das propostas incluídas no programa popular como a redacción dunha Lei de Agricultura, a creación de marcas de calidade para os nosos produtos, o apoio ao cooperativismo ou un novo plan forestal que poña en valor os nosos montes.
Impostos cero no rural
Moi en particular abordaron o programa de impostos cero no rural insistindo que o PP é a única forza política consciente da necesidade de mobilizar as propiedades no rural, “sen necesidade de expropiacións como propoñen ese lío de confluencias que demostran non entender o noso país”.
O obxectivo dos populares, é conseguir explotacións agrícolas coa suficiente dimensión e impulsar a elaboración de produtos con valor engadido, por iso Galicia é a única comunidade onde non teremos impostos na transmisión, na permuta ou nos cambios de fincas rústicas, nin pola agrupación de fincas nin na transmisión de explotacións agrarias.
Os populares lanzaron unha mensaxe de confianza na xestión que avala ao PP nestes oito anos de goberno na Xunta, que amosou o seu máis absoluto compromiso cos pequenos concellos, consciente de que non pode haber galegos de primeira nin segunda categoría, pois todos teñen que ter os mesmos dereitos e oportunidades, vivan onde vivan.
Imposto de sucesións
Os populares continuaron desgranando a axenda lexislativa no ámbito tributario neste caso para destacar a eliminación do Imposto de Sucesións para o 99% dos galegos que supuxo un cambio que fai que a nosa comunidade se sitúe entre as que dispoñen dunha fiscalidade máis vantaxosa.
“Deste modo, a medida beneficia a calquera cidadán que reciba unha herdanza de seu pai, fillo, avós, netos o cónxuxes, sempre que estes residisen en Galicia” destacaron.
Esta medida foi unha das principais novidades que presentou o Goberno de Feijóo, co obxectivo e compromiso de axudar aos galegos para que non tiveran que verse obrigados, nalgúns casos, a renunciar á súa herdanza por non poder afrontar os custes que iso supoñía e un exemplo do compromiso que seguirán desenvolvendo
Merece a pena seguir facendo de Galicia unha excepción
Pola súa banda Candia moi en particular pediu aos asistentes “participación e unir forzas nun proxecto común porque merece a pena que Galicia sexa unha excepción, dispoña dun goberno estable e responsable”.
“Merece a pena para seguir crecendo e creando emprego; para seguir cumprindo cos deberes ao tempo que se inviste máis en comunicacións, servizos públicos e en futuro; e para que os investidores sigan confiando en Galicia, tal e como sucede, na aeronáutica e no lácteo.
“Ademais, somos o único partido que conta cun programa de goberno para aplicar durante catro anos e desde o primeiro día e cuns compromisos que contan co aval dos feitos. Queremos ser o goberno da gran maioría dos galegos”.
Do mesmo xeito, -concluíu Candia- “non merece a pena que Galicia se meta no lío que teñen outros partidos e no lío que pode chegar a ser todos esas forzas troceando os orzamentos e sen xestión ningunha.”
Compromiso e balance
Finalmente os populares destacaron tamén, o balance de acción da Xunta que, indicaron, feitos que xustifican unha renovada confianza no proxecto popular.
No caso de Baleira, comprometidos co ámbito social impulsando a nova residencia e investindo máis dun millón de euros na súa execución e en Riotorto coa execución e mellora de infraestruturas como a mellora da LU-124.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



