A Mariña , 8 de setembro, 2016. A candidata do BNG, Ana Pontón, acompañada da cabeza de lista pola provincia de Lugo, Olalla Rodil e diversos cargos institucionais do BNG visitou este xoves as localidades de Burela e Viveiro onde mantivo diversos encontros con representantes do sector pesqueiro, traballadores e traballadoras autónomos e representantes do sector comercial.
Tras a xuntanza cos armadores e exportadores de Burela (ABSA), a candidata nacionalista afirmou que “ os fondos pesqueiros deben ser xestionados dende Galiza” e sen ningún tipo de limitación para apoiar a produción e o desenvolvemento e non para que en Galiza “se desguacen barcos, para apoiar portos deportivos ou as instalacións de acuicultura que limita a nosa capacidade pesqueira”.
Tendo recursos e medios, dixo a candidata, “ podemos crear moito emprego” desenvolvendo a innovación e a transformacións deses produtos que pescamos no mar. “Temos experiencia acumulada e cun goberno que defenda o piar da innovación no sector pesqueiro seremos capaces de recuperar moito emprego para Galiza.”
Ana Pontón, tamén mantivo unha xuntanza con representante dos comerciantes do casco vello de Viveiro aos que trasladou o compromiso do BNG co comercio local e incentivando a compra de produtos locais así como o establecemento de fondo de avais que facilite o acceso ao crédito e unha clara aposta pola formación da xestión comercial. Neste sentido avanzou que o BNG aposta unha le de horarios comerciais que regule as rebaixas, que limite a apertura comercial os domingos e que aposte pola conciliación da vida laboral dos traballadores e traballadoras do comercio.
A candidata do BNG reuniuse na localidade de Covas co sector da hostalería e traballadores e traballadoras autónomos aos que trasladou a necesidade dun maior apoio a este colectivo afectado gravemente pola crise económica.
Os intereses do sector pesqueiro son os intereses do BNG
Pola súa parte, a cabeza de lista pola provincia de Lugo, Olalla Rodil destacou o grande papel do sector pesqueiro na economía de Burela e da comarca da Mariña e da necesidade de manter un permanente dialogo co fin de recoller as súas demandas e trasladar as propostas do BNG que, en boa medida, dixo, “son coincidentes coas do Bloque Nacionalista Galego” e a partir do día 25 de setembro trataremos de defendelas como tradicionalmente facemos alí onde temos voz porque os “intereses do sector pesqueiro son os intereses do BNG”, recalcou.
Viveiro
A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón, xunto a cabeza de lista pola provincia de Lugo, Olalla Rodil reunironse en Viveiro cos representantes do comercio local e o profesorado do Conservatorio. En ambos encontros, Ana Pontón amosou o apoio do BNG ao comercio local así como unha lei para regular os horarios e potenciar a conciliación familiar e laboral. Na reunión co claustro de profesores/as do Conservatorio de Viveiro, a candidata do BNG apostou pola súa integración na rede da Xunta co fin de garantir a actividade do centro con graves por problemas de financiamento.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



