Lugo, 8 de setembro de 2016.- O Partido Popular de Lugo reuniu este xoves na sede provincial do partido a un cento de mulleres nun encontro no que abordaron o programa do PP sobre a igualdade real e efectiva así como sobre a loita contra a violencia de xénero.
No foro sobre igualdade, participaron, ademais da presidenta provincial, Elena Candia, a coordinadora sectorial de Política Social no Comité Executivo Provincial do PPdeLugo, María José Freire e a que foi secretaria xeral de Igualdade e actual candidata, Susana López Abella.
A presidenta dos populares lucenses trasladou o convencemento “firme” e “claro” de que un dos eixes prioritarios para o PP é o de traballar na consecución da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. “Con ese propósito traballou o Goberno galego ao longo destes anos e así o demostran os avances neste senso e seguiremos nesa liña para situar a provincia e a Galicia na vangarda das políticas de igualdade”. Ademais, Candia referiu tamén ao compromiso de continuar na loita para acadar unha sociedade libre de calquera forma de violencia contra a muller.
En que avanzamos?
Pola súa banda, a secretaria xeral de Igualdade e actual candidata, Susana López Abella, avogou por continuar coa unidade de todas as forzas políticas, para potenciar ao máximo o traballo conxunto para erradicar calquera forma de violencia contra a muller.
A candidata explicou os avances logrados ao longo destes anos entre os que citou, na área da loita contra a violencia de xénero, entre outros, a implantación de iniciativas para mellorar a atención de proximidade ás mulleres e o mantemento e diversificación de axudas económicas para as vítimas, destacando a atención posta na mocidade de cara á prevención mediante campañas innovadoras. En materia de Igualdade, a popular tamén enumerou entre as medidas adoptadas polo Goberno de Feijóo a execución do VI Plan de Igualdade, xunto a outras actuacións como son o fomento do emprendemento feminino ou o impulso da conciliación e a corresponsabilidade.
O noso compromiso
Durante o encontro, fíxose fincapé nas propostas en materia de igualdade que recolle o programa electoral dos populares. Entre elas atópanse iniciativas moi concretas como son a implantación do I Plan de Igualdade no ámbito educativo, transmitindo ao alumnado os valores da igualdade; a aprobación de dous decretos, un que regulará por primeira vez a formación para todo o persoal da Administración autonómica en materia de igualdade, e outro de regulación dos Centros de Información da Muller; e a dotación do VII Plan Estratéxico de Igualdade de Galicia, unha ruta ambiciosa e actualizada para o desenvolvemento das políticas de igualdade.
O compromiso dos populares tamén inclúe seguir formando ás persoas implicadas na loita contra a violencia de xénero; continuar a achegarse e seguir estudando a violencia de xénero para atacala das formas máis efectivas e consolidar a atención integral e específica das mulleres vítimas da trata con fins de explotación sexual.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



