O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos meses procedeuse por parte do Concello de Foz, a aprobar que a xestión da recadación municipal sexa levada dende a Deputación Provincial de Lugo, entre o cobro que vai levar está o do IBI. Un imposto que nos últimos anos co goberno do PP no noso Concello subiu un incremento importante no seu importe, sobre todo no referente ás vivendas do medio rural.
Somos coñecedores que a Deputación Provincial por norma fai un cobro anual deste imposto, sempre e cando os Concellos non soliciten que ese cobro se reparta ó longo do ano en varios pagos. “ Foz,Plataforma de Futuro” levaba no seu programa fraccionar o pago de impostos do noso Concello, e despois das últimas subidas, e novamente a que vai haber neste ano, vemos necesario darlle un leve respiro ós bolsillos dos nosos veciños, e entendemos que nestes momentos, ese mellor respiro, sería que se lles pasaran os recibos repartidos en dúas veces ó ano.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar á Deputación Provincial de Lugo proceda a realizar o cobro do IBI dos veciños do Concello de Foz,repartindo o total do seu importe en dúas veces ó longo do ano, para desafogar na medida do posible as últimas subidas deste imposto.