A ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS “ALTO DO CRUCEIRO” organiza a Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, Xuanes (Xove), por undécimo ano consecutivo e despois de 16 anos sen celebrarse.
Nesta ocasión, será o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro no campo da festa Onofre Louzao inaugurado hai un par de anos na honra de Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa falecido hai 3 anos. O recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo.
“Aínda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. E para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa”, manifestan dende a organización.
Actividades
O programa de actividades conta coa décima edición da FESTA DOS CALLOS que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 20.00 horas. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, baixo a proposta de degustación de callos, pan e viño por 5 euros. “En total contaremos con máis de 1000 racións que agardamos que se agoten”. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 euros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a festa cun bo programa de baile a partires das 23.00 horas, amenizado pola orquestra COSTA OESTE e L.BAN DJ.
E o sábado 1 de outubro haberá misal solemne e procesión ás 13.00 horas, sesión vermú a cargo do grupo PEKADOS ás 14.00 horas, partido de solteiros contra casados no campo anexo á festa ás 18.00 horas e verbena co grupo PEKADOS e a orquestra TELEVISIÓN.
Para rematar, a comisión quere darlle as grazas a todas as persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños e veciñas.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



