Lugo, 28 de setembro de 2016.- O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, solicita ao Goberno da localidade o arranxo “en condicións” da coñecida como Ruta das Praias que, a través da costa, comunica os areais de Rinlo e As Catedrais.
Penabad critica o mal estado no que se atopa esta vía de titularidade municipal. “O seu firme está completamente deteriorado, con continuos baches que dificultan a circulación dos vehículos, o que entraña unha situación de perigosidade para os condutores”, explica.
O voceiro dos populares defende unha “actuación inmediata e en condicións” neste treito ao tempo que descubre “as propias contradicións” do alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia. “Estamos a recibir estradas doutras administracións, mentres o nacionalista mantén as do Concello nun estado total de abandono. O alcalde manifestou en varias ocasións as súas queixas pola extensión da rede viaria municipal, que el mesmo segue a ampliar, sen mantela en boas condicións”, analiza.
Polo tanto, o popular reitera que dende o Grupo Municipal “instámolo a que atenda ao que ten entre mans e manteña as infraestruturas viarias municipais que vertebran a localidade nas condicións esixibles e coas máximas garantías de seguridade”.
Axuda para o auditorio e compromiso da Xunta co emprego
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo celebra a axuda concedida para o arranxo do auditorio e agradece esta subvención tanto á Deputación como ao Grupo Popular, que favoreceu esta concesión. Neste eido, López Penabad, quen explica que o auditorio require dunha actuación inmediata ao presentar un importante estado de deterioro con humidades e outras deficiencias, agarda que esta achega económica permita atallar os problemas que presenta o edificio.
Pola contra, os populares censuran que o Goberno municipal de Ribadeo estea “centrado en criticar á Xunta de Galicia de xeito continuado e non sexa capaz de agradecerlle á administración que preside Alberto Núñez Feijóo a concesión de dous obradoiros de emprego dirixido a 16 persoas”. Penabad resalta este compromiso da Xunta de Galicia coa creación de emprego na localidade, unha implicación de Feijóo con Ribadeo que, segundo o popular, “se trasladou aos últimos comicios autonómicos, nos que o PP obtivo en Ribadeo o 50,23% dos votos”. O voceiro dos populares agradece “a todos e cada un dos 2.544 votantes do PP a confianza depositada no executivo autonómico”.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



