A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha de novo a partir deste xoves 15 de Setembro o JUEPEO, os xoves en Viveiro de Tapeo. Nesta nova edición séguese acompañando dos mércores ao cinema por 3,90 euros.
Restaurante O Muro, Mesón A Baiuca, Bar La Fontana, Mesón A Praciña, Kiev café, Belle Epoque, Mesón Imperial, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, El Buho Bar, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Bar O Atallo, Mesón O Cambeiro y Mesón a Ría prepararán os xoves exquisitas tapas por tan só 1,50 euros.
Ao votar as tapas éntrase cada mes no sorteo de 200 euros en vales de consumición, as papeletas para votar son entregadas no momento de consumir a tapa; polo que participar e gañar é moi sinxelo.
Ademais, probando 3 tapas seguimos dando a posibilidade de ir ao cinema os mércores por 3,90 euros , só hai que selar as casas habilitadas nos flyers da promoción e entregalo directamente na entrada do cinema. O desconto será inmediato.
“Trátase de ofrecer ao cliente unha oferta de lecer variada, alcanzable, entretida e sobre todo nun ambiente inmellorable”.