Mondoñedo 1 de setembro de 2016.- O Concello de Mondoñedo vén de facer público o fallo do xurado do I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’. Os finalistas foron: Mª Ángeles Sánchez Armesto, da rúa Carroceira de Abaixo, 7; Concepción González Lamelas, de Fonte Vella, 4; Cristina Carracedo Doural, de Muíños de Arriba, 19; José Ramón Montenegro, de Espina, sita en Muíños de Arriba, 35; e Albina Iglesias Verdes, da avenida San Lucas, 6.
As tres veciñas que ocuparon os primeiros postos recibirán cadanseu diplomas e unha recompensa económica que ascende a unha contía de 200 euros para o primeiro posto; 200 euros para o segundo e 150 euros para o terceiro. A entrega de premios farase este domingo ás doce e mediua horas no salón de plenos do Concello mindoniense e estará presidida pola rexedora, Elena Candia.
Alta participación
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, destacou “a enorme participación e a boa acollida que tivo o certame”. García precisou que “estamos moi satisfeitos co éxito que tivo, pois apuntáronse ao certame unhas 40 persoas e outras tantas decoraron as súas fachadas aínda sen anotarse”.
O concelleiro precisou que o xurado estivo composto por dous mestres de xardinería do IES San Rosendo, unha arquitecta e un membro da mancomunidade de turismo da Mariña. Ademais apuntou que “todos os membros destacaron o bo nivel das ornamentacións, o que dificultou moito a cualificación”.
García avanzou que “dado o gran éxito que tivo este certame entre os veciños e veciñas mindonienses decidimos que seguiremos organizándoo en anos vindeiros”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



