Lugo, 1 de setembro de 2016. O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos Ramos, presentaron este xoves o “Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no Medio Rural”. Trátase dunha programación “en defensa da vida no rural e do rural, que busca potenciar o benestar dos veciños e o sector primario coa mellora ou dotación de prestacións públicas imprescindibles. É un plan que reivindica a igualdade de servizos e oportunidades vivas onde vivas, e que trata de combater o despoboamento demográfico que sofre o rural lugués”, explicou o Presidente.
Está dotado con 1,5 millóns de euros. Diríxese a veciños do rural en xeral, asociacións veciñais sen ánimo de lucro e comunidades de montes legalmente constituída, pertencentes a calquera dos 67 Concellos da provincia. Inclúe axudas en réxime de concorrencia competitiva para 3 liñas de actuación:
1ª.- Mellora do abastecemento e da calidade da auga. Conta con axudas dun máximo de 30.000 euros para a construción de novas traídas de auga; e de 10.000 euros para melloras, acondicionamentos ou ampliacións das existentes. “Hai que ter en conta que as traídas de auga son un servizo municipal básico para o día a día dos veciños, que seguen a ser un déficit en moito núcleos rurais, aos que non chega a auga en condicións nin aos fogares nin ás explotacións gandeiras”, subliñou o Campos Conde.
2ª.- Mellora da mobilidade no rural. Contempla axudas dun máximo de 12.000 euros para arranxos e sinalizacións de accesos públicos a núcleos poboacionais, explotacións gandeiras, fincas forestais, agrarias ou viñas.
3ª.- Mellora de centros socioculturais e do seu contorno. Conta con axudas dunha contía máxima de 12.000 euros para actuacións en fachadas ou cubertas, instalacións eléctricas, sistemas de iluminación, climatización ou calefacción, traballos de albanelería e fontanería, así como de adecuación de accesos e contornos. “Cómpre destacar que estas instalacións son centros de reunión e xuntanza veciñal en moitas parroquias, onde se celebran numerosas actividades colectivas de toda índole, contribuíndo á dinamización do rural”, apuntou o Presidente.
Prazos
O Executivo da Deputación aprobará mañá as bases do Plan en Xunta de Goberno. Posteriormente, como requisito do Goberno Central, estas deberán publicarse, primeiro, na Base Nacional de Subvencións, e logo, como sempre se fixo, no Boletín Oficial da Provincia. Ao día seguinte da súa publicación no BOP, que previsiblemente será en setembro, abrirase o prazo de solicitude. Este será de 20 días hábiles.
Anticipo do 95% e novos criterios
As bases inclúense dúas grandes novidades. O Goberno da Deputación decidiu ofrecer aos colectivos veciñais, que finalmente resulten beneficiados, un anticipo do 95% da axuda. “Isto axilizará, en grande medida, o inicio da execución das obras, contribuíndo a dinamizar a economía e a manter de postos de traballo: os dos autónomos e pequenas empresas que adoitan asumir a realización destas actuacións”, remarcou Campos Conde. O Executivo elaborou unhas novas bases con criterios totalmente obxectivos “para acadar unha distribución o máis xusta posible”. Este son 5:
1.- Grao de necesidade. Por exemplo, valorarase con 10 puntos, que é a máxima puntuación, non ter traída de auga na actualidade; as ampliacións con usuarios residentes nos núcleos rurais ou con explotacións gandeiras; as reparacións de captacións que non abastecen durante todo o ano; os arranxos de camiños públicos que sexan os únicos accesos a explotacións agrarias ou forestais con un grande número de hectáreas; os arranxos de centros socioculturais con goteiras ou sen electricidade. Pola contra, valorarase con 2 puntos, por exemplo, a construción dun depósito complementario ao existente; os arranxos de accesos a explotacións con menos de 2 hectáreas; ou as reposicións de equipamento en centros socioculturais.
2.- Sustentabilidade: Puntuarase positivamente aos proxectos cuxo custo estea por debaixo do prezo do mercado e descartaranse os que están por riba.
3.- Usuarios beneficiados. Terán maior puntuación os proxectos que beneficien a un maior número de usuarios do rural.
4.- Usuarios beneficiados do sector primario. Tamén terán maior puntuación os proxectos que beneficien a un maior número de profesionais deste sector.
5.- Despoboamento. Primaranse os proxectos de núcleos de Concellos de menos de 1.000 habitantes fronte aos de 5.000 ou 10.000.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



