O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, volve un ano máis a promover a campaña escolar “MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR”.
A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, preséntase nesta terceira edición como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa durante todo o calendario escolar 2016-2017. Nesta edición, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar ás novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 15 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal e doutros de concellos da zona interior de dito territorio, en total 2.500 escolares dos seguintes municipios: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Barreiros, Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Burela, Alfoz, Cervo, Xove, Ourol, Viveiro, O Vicedo, Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño e Somozas.
Cada centro poderá participar nas diferentes actividades da campaña:
– Charla Divulgativa e material didáctico: Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que sirve como reforzo educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.
– Xornada de excursións e actividades: Nesta edición contamos cun total de 24 actividades entre as cales destacan varias novidades de gran interese. Cada centro poderá participar con un ou varios grupos dun máximo de 50 alumnos por grupo. Para as xornadas de excursión cada grupo escolle dúas ou tres destas actividades, as que máis lle interese realizar durante unha xornada.
– Concurso escolar Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2016-2017: Outra das novidades desta edición é que os grupos e clases poderán participar ademáis nun concurso escolar co obxectivo de que as novas xeracións den a súa perspectiva sobre o mar. A(s) clase(s) gañadoras do concurso “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2016-2017” poderán disfrutar dun fin de semana de actividades – 3 días e 2 noites – en servizo de pensión completa, con monitores acompañantes , no Albergue Anchor en Foz ou no Albergue Surf & Breakfast en Valdoviño.
As 24 actividades están divididas en dúas áreas xeográficas: A Mariña e Ortegal.-
– Visita ás mariscadoras e a Reserva Mariña da Ría de Cedeira.
– Visita á lonxa de Cedeira.
– Visita á Asociación de Redeiras de Cariño.
– Visita á Lonxa de Cariño.
– Visita á Cetaria A Balandra en Cariño.
– Visita á Fábrica de Conservas La Pureza en Cariño.
– Limpeza de praias.
– Ruta da natureza Ría de Ortigueira.
– Ruta de observación de aves en Estaca de Bares.
– Museo Mares de Cedeira.
– Visita o criadoiro de coral Reef Water Coral Farm en Viveiro.
– Visita á Lonxa de Celeiro.
– Visita ao Museo provincial do Mar en San Cibrao.
– Visita á Carpintería de Ribeira Francisco Frá en San Cibrao.
– Visita á Asociación de Redeiras Cabo Burela.
– Visita á peixería turística O Almacén do Peixe no Porto de Burela.
– Visita á lonxa de Burela.
– Visita ao Barco Museo Reina del Carmen en Burela.
– Obradoiro de especies invasoras.
– Ruta polas praias e as marismas da Ría de Foz.
– Obradoiro de Navegación a Vela no Club Náutico de Foz.
– Ruta en Kaiak en Foz.
– Curso de iniciación ao Surf
– Visita ao CECUMAR- Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.
Dende o GALP A Mariña-Ortegal, animamos aos colexios dos concellos mencionados a participar nesta campaña. Os interesados poden contactar con Carlos Gil no teléfono 659 16 71 97.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



