Ribadeo, 10 de setembro de 2016. O SonRock celebrarase en Ribadeo, no parque de San Francisco, os días 23 e 24 de setembro. En caso de choiva o festival trasladarase ao Auditorio Municipal. O evento foi presentado polos concelleiros de Cultura e Mocidade, Farruco Graña e Vanesa Yanes.
O edil nacionalista explicou que “o SonRock Ribadeo vai ter lugar os días 23 e 24 de setembro. Despois da obrigada cancelación a mediados de xuño pola inclemencia meteorolóxica e de nos ver obrigados a modificar o cartel por incompatibilidade de datas con algúns grupos que xa teñen garantida a presenza para a segunda edición, por fin imos poder gozar do festival de rock que Ribadeo merece”.
Graña contou que “o SonRock pretende facer un chamamento á mocidade e, en xeral, a todas e todos os seguidores deste xénero musical, que non son poucos. O rock vénnos acompañando desde hai décadas e nos últimos anos ofrecéndonos a aparición de grandes grupos na nosa terra polo que cómpre presumir deles e animar aos que comezan para afianzar a súa andadura”.
O concelleiro de Cultura dixo que “precisamente o SonRock vai tentar combinar a experiencia de dúas bandas xa consagradas no panorama musical galega como son Raiba e Nao coa forza de novos grupos como Oh Ayatollah! e Paranoi-k, vinculados tamén á Mariña. Raiba, formada no 2009, é hoxe unha das bandas máis representativas do novo metal galego con influencias do punk e o hardcore. Neste 2016 presentan o seu terceiro traballo, Historias na Pel, que están a presentar por toda Galicia. Nao naceu en 2005 na Estrada e xa leva editados seis álbums de estudo ademais dun EP musical en formato de descarga dixital. O rock de Nao acompáñase do compromiso coa lingua e a crítica social para se asentaren entre as bandas referentes deste xénero musical en Galiza”.
Farruco Graña seguiu a relatar que “Oh Ayatollah! chegan desde Compostela aínda que presenta unha clara presenza mariñá con dous integrantes burelaos. O grupo, nado recentemente, a finais de 2015, tende ao pop-rock e reciben influencias de grupos como Los Planetas ou The Strokes. Agora mesmo están a presentar o seu EP, Cancións por se non te quere xa, por diferentes localidades do país. E Paranoi-k é un grupo ribadense que xurdiu dun grupo de amigos de toda a vida con similares gustos musicais. Tras comezar no ano 2015 tocando versións de bandas do panorama nacional, fai uns meses comezaron a compoñer os seus propios temas, compostos por letras agresivas e unha mezcla de punk, hardcore e rock”.
A concelleira de Mociedade, Vanesa Yanes, manifestou que “este festival, que procura a chegada de amantes do rock de toda Galicia, vaise realizar en dous días, o venres 23 e o sábado 24 de setembro. Os concertos darán comezo arredor das 22:30 horas e rematarán pasada xa a media noite. Neste ambiente que temos de proximidade de verán, animamos a todas as persoas a se achegaren ao Parque de San Francisco para gozar do rock galego da man deste abano de grupos ben rico e diverso. En caso de choiva, o festival levarase ao Auditorio Municipal”.
A edil ribadense engadiu que “a entrada será libre e agardamos un ambiente festivo nunha primeira edición que ten como obxectivo continuar un camiño nos próximos anos para se asentar e se converter en referente musical dos festivais do norte de Galicia. Procúrase seguir adiante en vindeiros anos coa visibilización de novos grupos da vila e outros de recoñecida traxectoria”.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



