A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este mércores no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a programación de actividades totalmente gratuítas para os clubs da Rede, que organiza a Rede Museística nos catro museos da provincia. A Rede Museística Provincial de Lugo conta con 3 clubs para todas as idades; Pequeamig@s, Ei! e Senior, que integran máis de 4.000 persoas de toda a provincia.
García Porto subliñou que “dende a Deputación impulsamos estas actividades totalmente gratuítas, para achegar ao maior número de persoas de toda a provincia, máis de 30 obradoiros nos 4 museos da Rede; o Museo Provincial de Lugo, o Museo Pazo de Tor, o Museo Provincial do Mar, e o Museo Fortaleza San Paio de Narla”.
Contos de fantasmas no museo
No acto, aproveitouse para presentar o libro didáctico Contos de fantasmas no museo, e as respectivas rutas literarias que farán os alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio polos museos da provincia.
O goberno provincial continúa con este proxecto de carácter didáctico e literario dirixido ao profesorado e alumnado de Ensino Secundario. Un libro que, como os anteriores, contén textos e ilustracións, escritos e debuxados por recoñecidos creadores de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, no que o argumento sucede no Museo Provincial de Lugo.
A través da lectura destes textos, o alumnado achegarase ao Museo Provincial de Lugo para seguir o desenvolvemento da acción e as pegadas dos personaxes que protagonizan o libro.
Actividades do Museo Provincial do Mar
Obradoiro: Tempos da castaña
Cando se achega a data de santos comezan os magostos. Neste tempo, con cada castaña que comemos liberamos unha alma do purgatorio.
No Museo Provincial do Mar imos tirar do fío da memoria dos membros do Club Sénior que de seguro apañaron moitas veces castañas, ceáronas en caldo ou con leite, ou coméronas con arenques.
Datas: 25 de outubro
Horario: de 17:00 a 18:30 h
Idades: Club Sénior
Nº de asistentes: Sen límite
Obradoiro: Samaín no museo
A tradición celta de celebrar a fin do verán, tempo de luz e calor; para darlle paso ao inverno, tempo de escuridade e frío ten unha fonda tradición en A Mariña. Moitos anos antes do Halloween comercial, os máis cativos adicábanse a baleirar cabazas e nabos, para tallar terroríficos sorrisos que brillaban grazas ás candeas que introducían no interior. Ademais, segundo as crenzas, esa noite comunícanse o mundo dos vivos e o dos mortos, logrando o reencontro entre persoas queridas.
Co Club Pequeamig@s coñeceremos as orixes desta celebración celta e faremos algunha monstruosa creación.
Datas: 1 de novembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Grupo de cine
Cine a carón do mar. Mediante xogos de creación colectiva aproximaranse á interpretación actoral do cinematógrafo. Propoñendo crear unha historia co relato “O Rifante” de Castelao e xogando cos elementos que emerxen do mar. Así crearanse pequenas pezas audiovisuais que ó final permitan conformar un vídeo resumo do taller de cine.
Datas: 17 de novembro (de 17:00 a 19:00 h.) e 1 de decembro (de 17:30 a 18:30 h)
Idades: A partir de 60 anos
Nº de asistentes: Máximo 20
Obradoiro: Outono no mar
O outono é tempo de castañas, noces e abelás; de ventos que sopran levando follas e pólas de aquí para alá; de chuvias que enchen os camiños de lama; de fermosas cores alaranxadas, marróns, amarelas; de cheiro a fraga e a terra mollada. As curtas tardes solleiras e enxoitas do outono son ideais para pasear pola praia, recoller os tesouros que o mar se encarga de deixar na area e usalos para facer magníficas creacións.
Datas: 19 de novembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Non existe o imposible
O 3 de decembro é o Día Mundial da Discapacidade. Aínda que na Rede Museística Provincial de Lugo traballamos todos os días na procura da accesibilidade e da inclusión das persoas, neste día en concreto queremos seguir achegándonos a esta importante realidade da nosa sociedade.
Descubriremos moitas proezas incribles que, con esforzo e tenacidade, logran estas persoas.
Datas: 3 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Sociedades plurais e diversas
Son máis de 150 millóns de persoas as que viven lonxe dos seus países dos que tiveron que marchar á procura dun futuro mellor por causas económicas, sociais, de catástrofes naturais ou conflitos e guerras. A ONU declarou o 18 de decembro como Día Internacional do Migrante para non esquecer que, segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, todos os seres humanos nacemos libres e iguais en dignidade e dereitos, e toda persoa goza dos dereitos e liberdades proclamados nela, sen distinción de ningún tipo; en particular de raza, cor ou orixe. Así mesmo, debemos recoñecer a aportación destas persoas para o avance social, económico e cultural.
Partindo da diversidade e heteroxeneidade, descubriremos cos membros do Club Pequeamig@s como chegar a crear un mundo en común.
Datas: 17 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: A mesa do Nadal
As comidas e ceas das festas de Nadal sempre tiveron gran importancia na nosa cultura. É costume xuntarse toda a familia arredor da mesa cos mellores manxares. No caso das familias mariñeiras, nas comidas que se preparaban antigamente, o marisco era substituído por asados ou cocidos, pois abundaban menos e, por iso, eran máis apreciados que os froitos do mar.
Datas: 20 de decembro
Horario: de 17:00 a 18:30 h
Idades: Club Sénior
Nº de asistentes: Sen límite
Obradoiro: O tizón de Nadal
O Nadal está cheo de costumes e tradicións que ao longo do tempo pasan de xeración en xeración. Decorar árbores, enviar tarxetas de felicitacións, cantar panxoliñas, poñer os nacementos, etc.
Nesta actividade investigaremos de xeito divertido a orixe e o sentido destes costumes e, en concreto, da tradición do tizón de Nadal, propia da nosa cultura.
Datas: 28 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: O ceo de Nadal
Para os navegantes a observación do ceo e das estrelas foi sempre primordial para poder localizarse e seguir o rumbo. Para logralo debían ter en conta que o ceo non é o mesmo segundo as diferentes partes do planeta, nin nas distintas estacións do ano. Así durante o Nadal, dende o hemisferio norte podemos ver as constelacións do Can Maior, Can Menor; Cocheiro de Xéminis, Tauro e Unicornio.
Neste obradoiro os Pequeamig@s farán a súa propia constelación zodiacal, o que seguro lles resultará moi interesante.
Datas: 29 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:00 h.
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Vilancicos e panxoliñas
Os vilancicos naceron arredor do S. V para transmitirlles a liturxia da Natalidade a aldeáns e campesiños que non sabían ler. Naquela época, como a estes se lles chamaba viláns, os cantos tomaron o nome de vilancicos. Letras de Nadal, de reis, xaneiras; acompañábanse de pandeiretas, cunchas ou botellas de anís.
Nesta actividade imos facer a nosa propia pandeireta!!
Datas: 4 de xaneiro
Horario: de 11:30 a 13:00 h.
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15
Obradoiro: Almanaque mariñeiro
Cando chega un novo ano é imprescindible dispor dun almanaque no que ir planificando as nosas actividades. Tamén é moi importante saber que, no referido á pesca, cada especie ten as súas épocas de veda e desova.
No almanaque que confeccionaremos, imos marcar as épocas máis axeitadas para a pesca en cada mes.
Datas: 5 de xaneiro
Horario: de 11:30 a 13:00 h.
Idades: Club Pequeamig@s
Nº de asistentes: 15.


















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



