A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro convoca o IX Concurso de Carteles Semana Santa de Viveiro -declarada de Interese Turístico Internacional-.
PARTICIPANTES:
Poderán participar todas as persoas interesadas.
TEMA:
será exclusivamente a Semana santa de Viveiro.
FORMATO:
O cartel poderá ser realizado usando pintura, debuxo, fotografía, fotocomposición adaptándoo ao tamaño real do mesmo que é de 69X47 cm.
OBRAS E PRESENTACIÓN:
Cada concursante poderá presentar soamente unha obra que deberá ser orixinal e inédita, responsabilizándose da súa autoría e do uso legal do material gráfico utilizado na súa composición.
Os concursantes presentarán os seus datos (nome, dirección teléfono, Dni) nun sobre pechado co título da obra no exterior. Leste mesmo título poñerase na parte posterior da obra realizada.
A presentación das obras poderá facerse enviándoas ao apartado de correos da Xunta de Confrarías ou entregándoas na Oficina de Turismo do Concello, onde se lle dará un xustificante da súa presentación.
XURADO:
O prazo de presentación será ata o 15 de xaneiro de 2.017.
O Xurado será designado pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación e directamente aos autores premiados.
O Xurado reservarase o dereito para declarar deserto o concurso.
PUBLICACIÓN:
A obra gañadora publicarase mediante a confección do cartel anunciador da Semana Santa 2.017 e o resto dos premios publicaranse na revista “pregón”, podendo utilizarse como portada da mesma así como do programa de actos ou outro folleto que edite a Xunta de Confrarías.
Todas as obras presentadas poderán ser expostas ao público.
PREMIOS
Primeiro premio 600 euros
Segundo premio 400 euros
Terceiro premio 200 euros
OBSERVACIÓNS
Os premios deberán ser recollidos persoalmente polos autores dos mesmos
As obras premiadas quedarán en propiedade da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, que se reserva o dereito de editalas e utilizalas, facendo sempre mención ao autor das mesmas.
Os ORIXINAIS DAS obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores unha vez finalizada a publicación das mesmas.
A xunta de confrarías da semana santa de Viveiro, poñerá todo o seu esmero no tratamento do material recibido, declinando, con todo, toda responsabilidade en caso de extravío ou deterioración que puidese sufrir
durante o seu envío.
Calquera caso imprevisto será resolto polo xurado cuxo fallo é inapelable. O feito de concursar supón a aceptación destas bases por parte do concursante.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



